Aquí seguimos analizando a meteoroloxía da contorna grazas ás familias, que están a colaborar moito. Nestes días de tanta chuvia e que temos que estar na casa o maior tempo posible, son momentos ideales para sacar de cámara e tirar un par de fotos ou vídeos. Aquí vos deixamos algunhas:
Nestas dúas fotos que nos manda Erika (6º de primaria) podemos como as nubes están de cor máis escura do habitual. Iso débese a que están moi cargadas e vai haber grandes precipitacións. Estes días, a nosa estación do cole chegou a rexistrar 45,8 mm de auga nun só día!!!
Teo (6º de EI) tamén aportou o seu gran de area facendo un debuxo moi chulo sobre a temática e deseñando un pluviómetro caseiro no cal mide a cantidade de chuvia que caeu na súa zona.
Efrén (6º de EI) tirou de orixinalidade para construír unha estación meteorolóxica caseira, que case que vos vai explicar el xunto coa súa nai nos seguintes vídeos:
MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.