Hoxe, día no que a borrasca Justine está a facer das súas, seguen chegando novas fotos sobre meteoroloxía ao noso correo "meteomoeche@gmail.com" das familias. Nesta ocasión imos ensinarvos un par delas:
A nosa amiga Noa Martínez (3º primaria) quere mostrarnos como se está a complicar o día desde a súa casa, por que é que as nubes tornan desa cor? Será que vai chover?
A segunda foto achégaa Asier (6º EI). O noso amigo preguntoulle ao seu pai por que parecía que as nubes estaban tan cerca. O seu papi aproveitou para contarlle a razón, explicándolle o que é o orballo: " cando as nubes están moi pretiño da terra e están moi cargadas de humidade, cae unha chubieira moi fina".
Grazas a Asier pola súa curiosidade e a Fran pola explicación que nos achegou por correo
Permanecede atent@s amiguetes meteorólogos/as, pois en vindeiras semanas recibiremos unha visita moi especial no centro!!!
LEMBRADE QUE PODEDES SEGUIR ENVIÁNDONOS FOTOS A "meteomoeche@gmail.com".
ENSINÁDEVOS CHUVIAS, ARCOS DA VELLA, XEADAS... OU CALQUERA OUTRO FENÓMENO QUE VOS CHAME A ATENCIÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.