Temos novidades no noso observatorio da contorna. En primeiro lugar, viaxamos ata Bardaos, onde Alberto (5º EP) quere mostrarnos como son alí tanto o amencer coma o solpor. Desta maneira podemos comprobar como aparece e marcha o sol respectivamente.
Da mesma maneira, Alberto tamén nos quixo ensinar un dos xogos que se poden facer na neve. Trátase dun anxo de neve: simplemente teredes que deitarvos no chan e mover brazos e pernas sen doblalas, ao rematar levantádevos e observade a figura!
Mara (5ºEP) aporta unha fantástica imaxe que ela mesma titula "Ceo empedrado". Seguro que moitos coñecedes refráns con esta expresión, como por exemplo: "ceo empedrado, en tres días chan mollado". Pero... a que se debe?
En efecto, cando observamos no ceo este tipo de manto de nubes podemos dicir que vai chover. Este tipo de nubes chámanse altocúmulos (tamén chamados borreguitos polo seu parecido co animal). Normalmente, despois de aparecer estas nubes veñen os altoestratos, que irán tornando en gris para formar os "nimbostratos", que xa son as típicas nubes de chuvia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.