Pois grazas á mellor comunidade educativa que existe no mundo mundial, temos máis fotos na nosa bandexa para continuar co proxecto de meteoroloxía do centro.
O noso compañeiro André, de 3º de primaria, envíanos unha fermosa estampa que reflexa a saída do sol despois dunha xornada chuviosa. Vemos como os nimbostratos (nubes escuras que levan chuvia e impiden ver sol) deixan para a cumulos e altocumulos.
Seguen a chegarnos fotos de alumnos/as que tiran de hemeroteca para ensinarnos paisaxes nevados que vimos a inicios de ano. Neste caso, Mara (5º EP), posa montada nunha gran bóla de neve co seu irmán.
Xa sabedes que nos encantan as fotos de arcos da vella. Esta en concreto, situámola en Gundiao e nola achega Maria, de 3º de EP. Foto tomada o 5 de xaneiro, será un portal de chegada para os Reises???
Foto moi típica destas semanas pasadas. Nuno (4º EP), tralo seu cristal titula "e segue a chover...". Ánimo Nuno que como di o refrán "Nunca choveu que non escampara"
Por último deixamos este fotón que nos trae Álex (3º de EP). Na mesma podemos ver unha posta de sol desde a súa casa. Podemos ver como o sol se esconde tras Coto Agudo, curioso lugar onde converxen tres concellos (Moeche, San Sadurniño e Valdoviño)
MILLEIROS DE GRAZAS FAMILIAS, SEGUIDE ASÍ!!!
PARA ENVIAR FOTOS:
meteomoeche@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.