Temos moitas fotos que nos seguides enviando ao correo "meteomoeche@gmail.com" que iremos subindo estes días. Polo de pronto, hoxe ensinámosvos as seguintes propostas:
Chamámoslle "solpor" cando o sol nos di adeus e ata mañá. É un momento moi bonito e relaxante, se colledes o día e lugar adecuado poderedes tomar unha boa foto para o recordo, tal e como fixo Efrén (6º EI). titulouna "Solpor en Bardaos"
Moitas veces nos temos preguntado porque hai determinados días que parece que o ceo torna de cores rosas ou laranxas... Trátase dun fenómeno de dispersión da luz que ocorre ás primeiras horas do día ou ás últimas, cando entra e sae o sol da nosa vista. A esas horas a luz do sol chega á Terra con tonalidades máis suaves, como as que vedes nas fotos de Lidia (6º de EP) e Gabi (4º de EP). Coñecemos este fenómeno como "Candilazo"
O noso amigo Álvaro, de 6º de EI, nos achega varias fotos destes días pasados. Todos coñecemos o arco da vella, que sae cando chove e sae o sol e temos explicado en posts anteriores. Pero hai que recoñecer que este que recolleu Álvaro resulta impresionante! Na outra cara da moeda temos dúas fotos que nos mostran o que ocorre cando cae chuvia dunha maneira moi continuada: os ríos poden chegar a desbordar, como vemos no Rego de Bardaos
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.