martes, 21 de xullo de 2020

PARABÉNS PARA A NOSA BIBLIOTECA



Hoxe Modestina pode estar ben orgullosa, pois o seu traballo, xunto co de toda a comunidade educativa do CEIP SAN RAMÓN obtén un recoñecemento!

O pasado 16 de xullo publicábase a resolución pola que se resolvían dúas das iniciativas integradas no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS correspondentes ao curso 2019/2020. Unha vez valoradas as candidaturas presentadas, só 10 centros obteñen o selo de Biblioteca Escolar Solidaria. O CEIP SAN RAMÓN de Moeche repite galardón polo traballo desenvolto durante o ano!!!

Este selo é un distintivo de calidade en termos de traballo solidario e a favor da comunidade escolar.


Por outra banda, tamén se seleccionaban, entre as 88 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de lectura-A" (destinada ao alumnado de 5º e 6º de primaria), e en función do interese e calidade das actividades recollidas na memoria presentada. O CEIP SAN RAMÓN TAMÉN É UN DOS 10 CENTROS ELIXIDOS!!!

Somos o único centro que repite en ambas mencións, polo que estamos tremendamente orgullosos de toda a comunidade educativa, xa que estes recoñecementos son mérito de todas e todos que, unidos,levamos a cabo un gran traballo a prol da biblioteca como factor de desenvolvemento integral do noso alumnado.
Isto é un agasallo que nos permite seguir adiante en novos proxectos que seguro serán moi enriquecedores para as nenas e nenos de Moeche.

Parabén para tod@s, unha vez máis demostramos que xuntos facemos escola!

BICOS DE MODESTINA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.