Amosando publicacións coa etiqueta ROBOTICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ROBOTICA. Amosar todas as publicacións

luns, 7 de xuño de 2021

COMBINAMOS ROBÓTICA E EDUCACIÓN FÍSICA

 Se a robótica xa é unha motivación de por si para os máis pequenos e pequenas do cole, se o combinamos coa Educación Física, convértese nunha proposta á que ningún deles lle vai decir que non!

Deste xeito, no día de hoxe o profe Abel propúxonos diferentes retos nos que tiñamos que imitar ao noso Robot Mbot ao tempo que traballabamos o equilibrio, o ritmo, a lateralidade, a atención, a motricidade grosa e por suposto, as posibilidades que nos pode ofrecer un robot! 

Fixádevos no atentos e atentas que estaban:










venres, 2 de abril de 2021

O equipo de Mbots do noso cole!


 Queremos presentarvos ao equipo de robots MBots montados polo alumnado de 5º e 6º. Como non podía ser doutro xeito e tratándose dunha presentación en público imos compartir con vós como os apodaron: 

- San Ramón

- Santa Cruz

- San Xoán           

- San Xurxo

- Labacengos        

- Abade

- Bardaos                

- A Reina

- Retorno

- Balocos

- San Xiao

- A Lamestra

Cremos que son nomes moi acaídos, para as novas máquinas que axudarán aos nosos nenos e nenas a adquirir moitos coñecementos que están por chegar. 

(Debemos decir que dous deles estaban en boxes cargando as súas pilas conectados á corrente eléctrica, por iso non saen na imaxe).

Bo traballo Modestinas e Modestinos :)

  

mércores, 2 de decembro de 2020

PROXECTOS DE CENTRO DO CURSO 2020-21

 


Queremos dar unha boa nova a todas e todos. Este ano, pese a que temos certas dificultades para levar a cabo determinados traballos, queremos anunciar que ESTAMOS ADMITIDOS nos seguintes proxectos de centro:

- Un ano máis seguiremos lucindo o selo da Biblioteca escolar, e é que Modestina e moita Modestina, e a súa gran laboura ao frente da biblioteca, codo con codo coa coordinadora da biblioteca conseguiron que este ano poidamos seguir dicindo que estamos nos programas de: Plan de mellora de Bibliotecas escolares galegas, programa de Bibliotecas solidarias, Bibliotecas Creativas e voluntariado. Ditos programas son moi importantes, pois non todos os centros son capaces de levalos a cabo a nivel de ter un selo a razón diso. A biblioteca en Moeche non é só un punto de lectura, senón un piar fundamental e, na maioría do casos fonte de inspiración de todos os proxectos e actividades da escola, que repercuten notablemente na aprendizaxe do noso alumnado.

- Por segundo ano seremos un dos centros escollidos para Digicraft: un programa que pretende formar ás nenas e nenos na competencia dixital a través dunha metodoloxía innovadora e chea de aprendizaxes significativas. Realidade virtual e aumentada, control de tabletas, creación de videoxogo educativo, electrónica... son algunhas das actividade que realizaremos. Un paso firme para o desenvolvemento de habilidades dixitais. A través deste proxecto o centro recibe unha importante fonte de recursos materiais para traballar co alumnado.

- Tamén por segundo ano iremos adiante co Programa de Formación do Profesorado "Introducción á robótica". As profes continuaremos a tope na nosa formación no eido dos robots, seguiremos montando co alumnado pequenos amiguetes que nos axudarán a acadar os obxectivos do currículo dun xeito moi lúdico e motivador. Neste programa tamén recibimos unha gran cantidade de dispositivos para que o alumnado manexe e programe.

- Plan Proxecta da Consellería de Educación. Presentación a renovación de dous dos nosos proxectos do curso pasado e foron ambas aprobadas. Un deles estará centrado na Educación Viaria e o outro na meteoroloxía. Ambos serán un claro reforzo para o traballo de todas as competencias clave a adquirir nas etapas de infantil e primaria. Ámbolos dous proxectos versan sobre situacións que as nenas e nenos ven e viven día a día.

- Estreámonos no Clube de Letras. Este ano ten como piar fundamental o coidado. A través de dita temática pretenderemos que o alumnado fomente a reflexión, a lectura crític e a achega de novos materiais e perspectivas, aboradados de xeito transversal. Ao igual que os anteriores, contaremos con orzamentos que destinan aos centro seleccionados neste tipo de programas de innovación educativa.


Agora que xa é todo oficial, só nos queda seguir traballando e agradecervos ás familias todo o traballo que levades anos facendo para facer medrar este pequeno centro a base de xuntar esforzos para conseguir pequenos grandes logros... Xuntos facemos escola!

mércores, 10 de xuño de 2020

ROBÓTICA NA CASA

Robot, Autómata, Robot De Juguete, Robot Infantil

Os nenos de Moeche seguen a traballar na casa coa robótica, proba diso é un vídeo que nos envía o noso compañeiro Álex, de 2º de primaria. No mesmo móstranos unha serie de vehículos que el construiu e nos dá unha serie de nocións sobre as pezas que levan. Moitas grazas Álex por compartir os teus coñecementos con tod@s e parabéns polo excelente traballo realizado!


sábado, 6 de xuño de 2020

IMPRESIÓNS 3D




Ola chicos e chicas: como xa sebedes, temos no centro  unha nova impresora 3D enviada dende o departamento de biblitecas creativas. Chegou tan só un pouquiño antes de que comezara o confinamento polo que  non nos deu tempo a traballar con vós pero xa comezamos a facer unhas probas que queremos compartir con tod@s.
A ver se vos gustan. Tan pronto volvamos ao colexio, imos a darlle traballo á impresora.


Tesoiras extensiblres que agarran obxectos

Gatiño

Outro gatiño

Robot articulado

Clip

Pulpo articulado

Maceteiro de Modestina para Meteomoeche

Elefante articulado