http://ceipsanramonmoeche.blogspot.com.es/search/label/CLUB DE LETRAS
- BLOGUE
- BIBLIOTECA
- ENDL
- EDUCACIÓN FÍSICA
- EDUCACIÓN INFANTIL
- INGLÉS
- MÚSICA
- PLÁSTICA
- DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- SECRETARÍA
- PRIMEIRO CICLO
- SEGUNDO CICLO
- TERCEIRO CICLO
- COMEDOR
- OBXECTOS PERDIDOS
- METEOMOECHE
- EDVIARIA
- CHISTÍN
- BIBLIOTECA_CREATIVA
- BIBLIO_SOLIDARIA
- ROBÓTICA
- RELIXIÓN
- REVISTA "O PAPAGAIO"
- TRANSPORTE
- CLUBE_DE_LETRAS
- RADIO 23
- ANPA
- LECTURA E FAMILIAS
- HÁBITOS SAUDABLES
venres, 31 de marzo de 2023
EASTER
martes, 8 de xuño de 2021
GUÍA VERÁN 2020/2021
Como en cursos anteriores queremos axudarvos coa elección dun libro divertido para ler no verán. Podedes ler máis de un...!
As recomendacións, aínda que están preparadas por cursos, son válidas para ler en todas as idades. Lembrade que o importante é disfrutar e os libros axudan coas súas aventuras!
Bo verán a tod@s!!
martes, 25 de maio de 2021
SEGUIMOS SEN PARAR COA ROBÓTICA!
Aquí podedes ver como os maiores do cole traballan afanados en resolver diferentes retos cos MBots que eles e elas mesmas montaron, así como aos pequenos, que tamén se están iniciando na súa andadora con este robot. Agudizan o inxenio, exprimen a súa creatividade, desenvolven o pensamento lóxico matemático, a súa concentración e sobre todo, é un estímulo para eles nestes tempos de pandemia que nos tocou vivir. Chega con ver como están motivados con estas actividades que senten coma un xogo, pero a través das que tanto poden aprender.
domingo, 18 de abril de 2021
CREATIVIDADE EN 3D
Seguimos creando coa "Impresora 3D". O noso alumnado continúa deseñando obxectos ben bonitos, pero sobre todo aprendendo, e con moita ilusión!!
mércores, 3 de marzo de 2021
O ALUMNADO DE 5º E 6º QUENTANDO MOTORES COA ROBÓTICA
Esta semana os e as máis maiores do cole comezaron coa montaxe dos robots MBot que recibimos por parte da Consellería, dentro do Proxecto de Introducción á robótica Educativa.
Deste xeito, vendo a montaxe do aparello dende cero, ata a súa posterior posta en marcha, poden aprender sobre as súas pezas, mecanismos e procesos, para logo coñecelos en profundidade. Tamén comezaron a traballar cos "kits" de LEGO máquinas que recibimos, dentro do mesmo proxecto, probando así diferentes tipos de mecanismos, engranaxes, etc. Iniciandose así no coñecemento práctico dos mesmos, en materia de tecnoloxía e programación.
É importante mencionar, que cada alumno e alumna traballa co seu material e mantendo as debidas distancias establecidas no protocolo.
A continuación podedes ver imaxes deste inicio do proceso, agardando que sirva como motivación para os nosos nenos e nenas en tempos de pandemia.
Bo traballo Modestinos e Modestinas!
domingo, 21 de febreiro de 2021
O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA COA ROBÓTICA
Como ben sabedes, este curso continuamos avanzando aos pouquiños no proxecto de Robótica no que estamos inmersos, desta volta adaptados ás novas medidas hixiénico-sanitarias. Queremos amosarvos algunhas imaxes do que viñeron traballando co material relacionado coa robótica o alumnado de Infantil e de segundo de Educación Primaria durante as pasadas semanas: Cubetto, Colvy, Doc, Escornabot e Lego.
Ao mesmo tempo que se inician neste campo, estimúlase a súa motricidade fina, o pensamento lóxico, a lateralidade, as nocións espaciais e temporais, o conteo, a lectura de códigos, entre outras habilidades.























