Amosando publicacións coa etiqueta AL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AL. Amosar todas as publicacións

venres, 9 de maio de 2025

CONCURSO CHISTÍN 2025

 

CONCURSO CHISTÍN 2025

Queridos nenos e nenas, queridas familias: un ano máis chegou Chistín ao colexio cun novo concurso. 



Este ano, o concurso será de ENXEÑO E INTELIXENCIA.                

HABERÁ 3 NIVEIS DIFERENTES: 

Nivel Infantil

Nivel 1: para  3º E 4º

Nivel 2: para  5º e 6º

👀 PRESTADE ATENCIÓN

QUE TEDES QUE FACER?

1º Ler a pregunta con calma.

2º Intentar resolvela. Podedes pedir axuda na casa.

3º Escribir nun anaco pequeno a solución da adiviña e o teu nome 

4º Non esquezas poñer o teu nome.

5º Ao día seguinte, debes introducir na caixa correspondente ao teu nivel que hai na entrada do colexio o teu papeliño. Chistín revisará todos os días as vosas solucións.

IMPORTANTE: O concurso durará 15 días. Cada día haberá unha proba, un total de 10 probas. Sempre se deben resolver ao día seguinte da publicación no blogue. Non podemos introducir na caixa a solución atrasada doutra pregunta porque entón Chistín non a dará por boa.

ESTADE MOI ATENT@S QUE O PASARÉMOLO BEN!!!

AHHHH ! HABERÁ PREMIOS PARA TODOS OS PARTICIPANTESS E TRES PREMIOS ESPECIAIS PARA OS GAÑADORES DE CADA NIVEL. En caso de empate, os gañadores serán escollidos por sorteo entre os acertantes.

   COMEZAMOS O LUNS  12 DE MAIO

 

 

martes, 22 de decembro de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

Este ano foi moi difícil todo, pero iso non nos vai impedir celebrar o tradicional festival de Nadal. Unha das datas máis sinaladas do ano no centro, a cal vivimos con moita ilusión. Non existe bicho que nos quite esa ilusión polo que presentamos o FESTIVAL DE NADAL 2020, que como poderedes comprobar será online.

COMEZAMOS COA ACTUACIÓN QUE ADOITA ABRIR ESTA GRAN FESTA... AS ALUMNAS E ALUMNOS DE INFANTIL SORPRENDERÁN CUNHA FERMOSA CANCIÓN SOBRE O RENO MÁIS COÑECIDO DE TODO O NADAL!!!


DESPOIS DESTA GRAN CANCIÓN DOS PEQUES SEGUIMOS CON 1º E 2º, QUE TEÑEN PREPARADAS NADA MÁIS E NADA MENOS QUE 3 ACTUACIÓNS!!!

A PRIMEIRA É UNHA PANXOLIÑA TITULADA "O ABETO". DENTRO VÍDEO!!!


CONTINUAMOS CON "TURRÓN E MAZAPÁN", COA QUE SEGURO MOVEREMOS O ESQUELETO!!!


PARA REMATAR ESTA TERNA VEREMOS "BONITO", UNHA ADAPTACIÓN DA COÑECIDA CANCIÓN:


TRAS ESCOITAR ÁS NENAS E NENOS DE 1º E 2º PASAMOS A VER OUTRA GRAN ESCENIFICACIÓN. O GRUPO DE 3º E 4º DELEITARANOS CUNHA FERMOSA PANXOLIÑA QUE CONTÉN UNHA MENSAXE


XA CASE CHEGANDO AO FINAL ATOPÁMONOS CUNHA OBRA DE TEATRO. COMA SEMPRE, OS MAIORES DO CENTRO SACAN AS SÚAS DOTES ARTÍSTICAS PARA, ESTE ANO, REMATAN CUNHA TRILOXÍA. VOLVEN PERSONAXES MÍTICOS DOS NOSOS FESTIVAIS COMO MARUXA E PEPE. XA SABOREASTES O TRÁILER E AQUÍ CHEGA A PELÍCULA COMPLETA DE "HOXE CO COVID"


AGORA QUE XA CANTAMOS, BAILAMOS E RIMOS MOITO TOCA IRSE DESPEDINDO CUNHA MENSAXE SORPRESA. QUENES SERÁN AS MISTERIOSAS PERSONAXES QUE NOS QUEREN DESEXAR UN BO NADAL????


POIS ISO FAMILIA, ATA AQUÍ CHEGOU A NOSA PECULIAR FESTA, ESPERAMOS QUE VOS GUSTASE MOITO E DISFRUTARADES COMO NUNCA. CONFIAMOS EN QUE O ANO PRÓXIMO POIDAMOS RETOMAR O NOSO FESTIVAL COMO É DEBIDO.

QUE TEÑADES TOD@S UN...

 BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2021

venres, 29 de maio de 2020

Xogos dende o Departamento de Orientación.

 Esperando que estedes todos o mellor posible, queremos deixarvos por aqui un xogo, para compartir uns momentos de familia o longo destes días.

Trátase dun taboleiro con imaxes, no cal só necesitaredes uns dados. Tiradedes os dados e teredes que describir o personaxe que vos tocou (podendo escribilo se o preferides).

Por outro lado tedes unha especie de tarjetas que podedes ir elaborando, imprimindo ou registrando nun caderno, unha por dia.

Animamosvos a que o poñades en práctica. Unha aperta grande.

https://drive.google.com/file/d/1QVMcALFJZBSQndQcOjQO0RPCKddCLLdm/view?usp=sharing

xoves, 30 de abril de 2020

Xogamos a cambiar a voz?


Xogamos a cambiar a voz?

Para estes días se vos apetece, como ven mal tempo, deixamosvos un xogo para que poidades pasar momentos de risas.

O obxectivo principal é traballar á expresión oral a través do cambio de voz de diferentes personaxes. Sendo un bó motivador para a lectura.

Ademáis, podemos realizar diferentes logos como adivinar películas, contar historias, describir imanes ou adivinar a que personaje estou imitando.

Pinchade en descargar poderedes ver as tarxetas.

Moita saúde. Unha aperta.

Descargar

martes, 31 de marzo de 2020

Recomendaciones AL/PT

Gomas e Botóns.

Unha caixa, uns botons cosidos ou pegados con silicona a caixa e gomas para facer moitas moitas formas. Gran exercicio de pinza, de motricidade fina e de atención. Ademáis podemos aproveitar para debuxar formas xeométricas ou incluso letras.
A ver que tal se vos da!

Por outro lado deixovos estas recomendacións para estes días. Sobre todo acordadevos que son recomendación que non tedes que imprimirlas e que podedes elaboralas nun folio. Unha aperta grande. Espero estedes ben. 






luns, 30 de marzo de 2020

Recomendaciones AL/PT

Carreira de pompons 

Uns paliños, pompons ou bolitas e unhas palliñas. O  obxetivo é lograr que os pompons chequeen a meta utilizando a forza do aire únicamente.
En vez de paliños podemos usar cinta adhesiva uo outro material para fabricar o nosso circuito.
A pista pode tener tantos carros cómo xogadores e dependendo do largo que sexa o noso circuito poñeremos máis ou menos pompons. 
Animadevos a pasar un rato entretido. Unha aperta grande. Esperamos que todo vaia ben.

venres, 27 de marzo de 2020

Recomendacións AL/PT

Creamos? que vos parece se faremos o nosso propio tangram.
O tangram é un crebacabezas formado por 7 pezas : un paralelogramo (romboide), un cadrado e 5 triángulos.
Invitámosvos a crear o voso propio tangram con cartolina, folios, … Unha vez que teñades as pezas feitas soamente hai que crear debuxos (un galo, un gato…).
Estas son as pezas que tedes que facer:



Estes son algúns exemplos de imaxes que podedes crear:



Imaginación a voar..... Unha aperta moi grande.

xoves, 26 de marzo de 2020

Recomendacións AL / PT




Esperando que todo vaia ben, deixamosvos dende o Departamento de Orientación, unhas pequenas recomendación para todos estes días. Non é preciso que as imprimades.








Presentamoslle os nenos 9 palabras representadas a través de imáxess ou pictogramas.  A actividade consiste en identificar o son inicial de cada palabra e escribir a súa grafía dentro de cada cadro.
VARIANTES:
  1. Pensar outras palabras que comencen polo mesmo son.
  2. Engadir o artígo diante de cada imane.
  3. Inventar unha frase con cada palabra.
  4. Decir a qué grupo semántico pertence a palabra identificada: obxetos,
    animais, transportes...
  5. Pragmática: qué é, para qué sirve...



mércores, 25 de marzo de 2020

Xogo Vexo Vexo e Taboleiro. PT / AL


Tablero con pictogramas para hogar o Vexo-Vexo e listado de persoas, animais e obxetos que debemos encontrar.

Podemos xogar en dous nieves distintos: de forma individual ou colectiva. 

- Mirar no listado a persoa, animal ou obxeto que queremos encontrar no taboleir e riscalo cando o consigamos.

- Ocultar o listado e ir facendo a descripción da persona, animal ou obxeto para encontralo e riscalo posteriormente.

Pedemos xogar dende os máis pequeniños ata oa máis maiores e así traballaremos a atención e a discriminación visual a maiores de pasar un rato de tempo entretidos. 

Unha aperta grande. 



luns, 23 de marzo de 2020

Recomendacións Audición e Linguaxe. Departamento de Orientación.


Esperando que estedes todos ben, deixovos unhas recomendación para estes días e así poidades ir facendo pouco a pouco cada día.


Coa axuda dos debuxos, os mais pequeniños intentaredes elaborar unha frase, ou simplemente falar do que estamos a ver nas imaxes con cada par de obxetos. O máis maiores intentaredes escribila e se pode ser que sea algo longa. Acordadevos: empezamos con maiusculas e o acabar un punto. Tamén podedes poñer o final de cada frase o número de palabras que contén a frase que acabades de elaborar.







Por outro lado aquí vos deixo unha lámina na que os pequenos  poderá conversar sobre ela, e os máis maiores facer unha pequena descripción do que ven. 






A continuación vos deixo una app para traballar a ratos. Trátase de Bla Bla Box . É unha aplicación infantil coa que os nenos poden experimentar de forma natural como se crean as palabras. Encontraredes un abecedario na parte inferior para arrastrar as letras para poder crear palabras e xogo. Pulsando sobre cada letra descubrirán o sonido e ademáis poden cambiar as letras de cor para separar por sílabas, vocais de consoantes. A App é capaz de ir lendo as sílabas e palabras que vamos creando.


Para os máis maiores deixovos unha das seguintes láminas que estabámos traballando na velocidade e execución lectora. Acordade primeiro leelas sen errores, despois cronometrámos o tempo para saber o que nos levou e por último,  ver cantas lemos en 30 s. 




Por último un pouco de ortografia visual: poderes debuxalas, facer unha frase con elas, dictado...etc.
Recordade son recomendacións, coidadevos moito. Unha aperta.

martes, 17 de marzo de 2020

Recomendacións dende a aula de Audición e Linguaxe e Pedagogía Terapéutica

Ola! aquí deixo unhas actividades (recomendación):
A primera sería pensar cada día unha palabra , (lembrade que NON É NECESARIO IMPRIMILAS), nun caderno ou nun folio vades pensando unha palabra cada día e descompoñendoa en letras, contando vocais, constantes , facendo una frase e dibuxandoaa.



 Tamén vos deixo un xogo, no cal solo necesitaremos dous dados. Un dado indicaravos a fila e outro a columna co cal se os unides vos levará a un debuxo. Con este debuxo os nenos de infantil, por exemplo terán que decilo en alto, pensar unha frase e para os mais mais maiores escribir dita frase no caderno.



Por outro lado neste enlace que vos deixo, teredes un conto no cal, mediante un dialogo entre un neno e unha nai, ensinannos exercicios de interiorización e respiración consciente. Primeiro poderes ler o conto enteiro vendoo, e a segunda vez poderes practicar os diferentes ejercicios todos xuntos. Así case sen darse conta e como se fora un xogo, inicianse no mundo da respiración. 

https://www.youtube.com/watch?v=ibJFHBTWBDA

Por último para repasar contidos de matemáticas,un poco cada día, poderedes practicar neste enlace as tablas de multiplicar.

https://www.tablasdemultiplicar.com

Estas actividades poden lerse a través do ordenador, móbil... e logo nun folio, caderno... dar as respostas.

Deste xeito faise menos longa a espera... da volta á normalidade. Recordade que son recomendación.

Esperando estar todos ben!! Un saúdo para tod@s dende o Departamento de Orientación!! 

xoves, 28 de xuño de 2018



   Aprender distintas linguas é moi importante, e no noso cole a algo que facemos todos os días!!
   Fai uns días tivemos a visita no noso colexio da Federación de Xordos de Galicia, ensinando ao 
   alumnado Linguaxe de Signos. O alumnado estivo practicando previamente coa especialista  de Audición e Linguaxe, e a todos entusiasmou!!    
   Grazas por estas aprendizaxes e volvede cando queirades!!







martes, 24 de abril de 2018

SAÍDA PARA CONMEMORACIÓN SOBRE O AUTISMO

O centro ASPANAES, co cal temos estreita relación debido a que un dos nosos alumnos estuda en ambos centros, convidounos un ano máis a disfrutar dunha xornada para conmemorar un día de concienciación sobre o autismo. Preparamos unha pequena mensaxe para romper barreiras a favor de dita enfermidade e despois bailamos e pasámolo moi ben. Deixamos algunha foto da actividade:




domingo, 4 de maio de 2014

ADIVIÑA AS PROFESIÓNS

O pasado xoves 1 de maio celebramos o día do traballor/a. Nenos e nenas xa sabedes que queredes ser de maiores?, este vídeo daravos unha idea...

martes, 12 de novembro de 2013

PRAXIAS BUCOFONATORIAS

As praxias bucofonatorias son movementos dos órganos que interveñen na fala ( lingua, beizos, padal...) que teñen como obxectivo preparar as estruturas para a correcta articulación de fonemas e palabras. Aquí vos deixo unha mostra dalgunhas praxias que levamos a cabo no P.E.L.O (Programa de Estimulación da Linguaxe Oral) na etapa de Educación Infantil.

sábado, 2 de novembro de 2013

xoves, 31 de outubro de 2013

FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN


Eran as 9:15 da mañá, o Señor Lorenzo estaba a portarse bastante ben, todo indicaba que podería ser un bo día, e así foi.
Os nenos xa comezaban a entrar, algúns disfrazados, que aproveitaban para asustar aos seus compañeiros/as. Todo estaba preparado, tan so entrar, calmar os nervios e...para a COVA DO SAMAÍN!!! Un ano máis nos esperaban na biblioteca os seres máis fantásticos para tratar de asustarnos. Unha "terrorífica" bruxa contaba dous contos, un para Infantil e outro para Primaria, non sen antes atravesan o perigoso "Túnel do Terror".
Acto seguido precisabamos un pequeno recreo para descansar de tanto medo e prepararnos para o seguinte... tocaba traballar!
As familias foron entrando no centro, cargad@s coas cabazas e os materiais. Tras unha dura hora de traballo xa quedaba feita. Tenebrosas, simpáticas, enxebres e orixinais. Había de todo!!! O xurado o tiña moi difícil. E, claro está, as máis elaboradas recibiron un pequeno agasallo.
Máis entregas de premios, agora tocáballe ós máis terroríficos contos e debuxos de medo que os máis valentes se atreveron a contar e debuxar, todos eles estupendos!
Agora si, xa non podíamos máis, tanto traballar e pasar medo ben tiña merecido as tradicionais castañas do Magosto e as, xa tamén tradicionais neste centro, empanadas e pastelóns. Co bandullo cheo foi cando nos despedimos non se antes dicirnos...ATA OUTRA!!!

Dende o centro queremos agradecer a TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA pola sú labor neste día tan fermoso.

Saúdos.

Os mestres do CEIP San Ramón de Moeche.


Podes ver todas as fotos do día no seguite enlace:  https://picasaweb.google.com/105786060229737571282/FESTASAMAIN2013

luns, 16 de setembro de 2013

BENVID@S



Boas!

Este é o novo blogue do cole, no cal poderedes desfrutar de moitas actividades, xogos, informacións e moito máis!

Animamos a que participedes activamente para o bo funcionamento do mesmo. Bo inicio de curso a tod@s!

Un saúdo.

Os mestres do CEIP San Ramón!