venres, 29 de setembro de 2023

FORMACIÓN DE PODCAST PARA O ALUMNADO

Esta mañá no centro tivemos a oportunidade de contar con Damián Alonso, de Ponte nas Ondas. Un excelente profesional do mundo da radio e da doblaxe que ensinou á cativada de 3º a 6º unha serie de consellos básicos para a elaboración dun podcast de radio. Aprenderemos desde como montar o guion, escaleta, edición etc ata técnicas de vocalización vitais para a expresión oral.

O alumnado traballu arreo e na mesma mañá, ademais de aprender, deixaron un programa feito por parellas que quedou realmente ben. Escoitarémolo nuns días...

Queremos agradecer ao Concello de Moeche a oportunidade que nos brindou traendo este obradoiro ao colexio.





NO SEGUINTE ENLACE PODEDES VER MÁIS FOTOS:



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.