luns, 30 de marzo de 2020

EDUCACIÓN INFANTIL LUNS 30 DE MARZO DO 2020

Bo día a todos e todas!

Comezamos unha nova semana, unha nova oportunidade para aprender e para pasalo ben!

Desta volta imos deixar tranquilos os calcetíns, non queremos que papá e mamá collan frío aos pés. Pero imos buscar outros obxectos que podamos ter pola casa que nos sirvan para facer series e así traballar a seriación, un aspecto fundamental na lóxica-matemática. 

Os nenos de 4º deben tentar elaborar series de 2 elementos (por exemplo garfo, culler, garfo, culler OU botón azul, botón vermello, ...). Van precisar da nosa axuda, pero debemos deixar certa liberdade.

Os nenos e nena de 5º deben tentar elaborar series de 3 elementos (bastonciño, rolo de papel hixiénico, peine, bastonciño, rolo de papel hixiénico, peine,...).

As nenas e nenos de 6º deben tentar elaborar series de 4 ou 5 elementos (cera, rotulador, bolígrafo, lapis, cera, rotulador, bolígrafo, lapis ...).

 


Estas son ideas, o interesante é que escollan eles e elas os elementos (dentro do posible) e coa vosa axuda que constrúan o modelo para logo seguir a serie. Debemos intentar non correxilos durante o proceso de creación e no caso de que se "equivoquen" nalgún momento, ao final tentar que reflexionen e revisen o modelo e o resto da serie. Normalmente soen darse conta por eles e elas mesmos do erro, no caso dos máis pequenos do grupo, soen precisar un pouquiño de axuda extra.


Logo, debemos pasar esa serie ao papel, representando de xeito ordenado os elementos que a compoñen. Cada neno e nena conforme ao seu nivel madurativo.

Podemos contar tamén o número de obxectos e escribir o dato final sobre o papel (os maiores poden tentar pensar nunha suma que teña por resultado ese número).

 Fondo dibujos animados pizarra matemáticas | Vector Gratis


Xa para rematar imos resolver uns laberintos matemáticos, adaptados a cada idade. Non é imprescindible imprimilos, se así o facedes deben ir pintando os números de xeito ordenado 1,2,3... para chegar á derradeira casiña. Pero tamén se pode facer a través da pantalla, sinalando os diferentes números ordeadamente. 




Non quero despedirme de vós sen comentarvos unha idea que me estivo rondando a cabeza este fin de semana... Que vos parece se, durante estes días que estamos gardando para nós abrazos que queremos dar aos nosos amigos e amigas, bicos, xogos, segredos por compartir, etc, os debuxamos nun papel ou os escribimos (podemos transcribir a mensaxe se eles ou elas o desexan), o dobramos e o gardamos nun boteciño. O cal podamos levar con nós á volta e ir entregando cada mensaxiño-recordo ao seu dono. É un xeito de canalizar esas ansias de facer e darlles unha forma que vai ser útil nun futuro. Lamberetas e eu imos comezar o noso! :)

TARRO DOS DESEXOS

Cómo hacer un frasco de la felicidad para tener pensamientos ... 


ÁNIMO VALENTES, SODES UNHAS E UNS CAMPEÓNS!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.