Hoxe imos ver o conto contado de POLO CAMIÑO:
Logo do visionado deberíamos facer un pequeno faladoiro comentando o conto e preguntándolles sobre que era o que ocorría, de xeito adaptado ás capacidades e nivel madurativo de cada neno e nena. Vendo así tamén o seu nivel de atención, memoria, etc. Incluso podemos velo unha segunda vez e ir parándoo para escribir que era o que aparecía novo en cada escea ou simplemente o número, nun papel.
Por outro lado, propóñovos facer un bingo de letras. É un xogo que lles gusta moito en xeral a toda a aula, pero neste caso, en vez de xogar con números, podedes facelo con letras. Deixovos aquí unha imaxe de exemplo e tamén uns modelos, por se queredes usalos, aínda que non é necesario. O bo sería que aqueles que xa teñen adquirida a capacidade, fixesen eles mesmos e mesmas as letras.
LETRAS
Recursos e documentos elaborados por La Casita Educativa
Recursos e documentos elaborados por La Casita Educativa
Logo podedes adaptar o xogo a cada idade, empregando só vogais, empregando certas letras, empregándoas todas unhas en maiúscula e outras en minúscula, que cando saquen unha letra para riscala deban decir unha palabra que a conteña ou non, etc. Podedes escoller unha ou outra opción en función das vosas necesidades e dos que vaiades a xogar.
Saudiños meus ratiños e ratiñas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.