En primeiro lugar elixiron o conto que querían compartir co resto do cole, "A cebra Camila" foi a obra en cuestión, xa que gusta moito entre os máis peques da casa. Acto seguido foron facendo os diferentes materiais de apoio que precisaban para representar dun xeito máis motivador a escena.
Xa chegamos ao día de hoxe tocaba narrar a historia con público. Fixérono xenial e por iso recibiron un gran aplauso do público. Xa estamos esperando unha nova edición!!!
E xa ques estamos na biblioteca imos compartir con vós unha foto moi bonita de Modestina e Isa xunto con bonito corazón feito con pedaciños de sentimentos de cada nena e neno do centro polo día da amizade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.