martes, 10 de marzo de 2020

CASA DO MEL

Esta semana non podía comezar de mellor maneira xa que había excursión!
Desta vez tocou ir a aprender un pouco máis sobre as abellas, para iso desprazámonos ata a Casa do Mel de Goente. Alí aprendemos moito sobre os tipos de abellas, a súa incrible organización e incluso as súas matemáticas. Ademais da nosa merenda tamén puidemos degustar varios tipos de mel nunha cata, poñer traxes de apicultor ou facer divertidas manualidades como unha vela coas ceras producidas por dita especie ou a creación dun mural en forma de panel hexagonal con abellas de creación propia.
Queremos agradecer e fabuloso trato ofrecido polo persoal da asociación, mi atentas con nós en todo momento e realizando unhas explicacións estupendas. Pensamos repetir!!!

CLIC PARA VER GALERÍA DE FOTOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.