mércores, 11 de marzo de 2020

DÍA DA MULLER E DA CIENCIA EN FEMININO

Para conmemorar o día da muller  (8 de marzo) e da muller e a ciencia fixemos varias actividades na biblioteca de Modestina. En primeiro lugar abriron boca as nenas e nenos de 5º e 6º que leron a obra de "Pioneiras 2" de Anaír Rodríguez, segunda parte da obra que se traballara no cole hai uns anos. Na mesma podemos ver unha serie de mulleres que abriron camiño moitos anos atrás nunha sociedade na que non era fácil:





Exposición de Antonia Ferrín:






O grupo de infantil continuou cun traballo fantástico sobre o libro "Las chicas pueden con todo" de Caryl Hart. Unha narración que nos ensina que nenas e nenos poden xogar aos mesmos xogos ou desempeñar as mesmas labores, pero case que volo conten elas/es!!!







As alumnas e alumnos de 3º e 4º faláronnos sobre mulleres no espazo con "Isto vai de astronautas". Un gran traballo no cal investigaron sobre moitas astronautas que destacaron por diferentes labores no espazo exterior. Aquí vos deixamos o seu traballo:






Por último, o grupo de 1º e 2º deleitounos cunha serie de experimentos que culminaban esta xornada de ciencia en feminino:







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.