As últimas sesións de Educación Física dedicáronse plenamente á meteoroloxía e a desenvolver dende outra perspectiva o traballo levado a cabo neste ámbito durante estas semanas.
Deste xeito os nenos e nenas de tódolos niveis convertéronse en furacáns, saraiba, choiva, etc vivenciándoos co seu corpo e escenificándoos dentro de diferentes xogos motrices (carreiras de relevos, resgardarse do mal tempo, xogos de rol partindo de iconas meteorolóxicas, entre outros). O alumnado de Educación Primaria tamén desenvolveu a técnica de Alphabody representando diferentes palabras relacionadas co tempo co seu corpo como único instrumento. E, para rematar estas sesións, non hai cousa mellor que un conto meteorolóxico que nos axude a volver á calma e a relaxarnos con nubes e pinguiñas como compañeiras nesta tarefa.
Aquí podedes ver unha pequena selección de fotografías destas actividades:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.