luns, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADE CREATIVA ANIMAIS EN 3D



Ola! Hoxe queremos propoñer unha nova actividade.

Teredes que entrar no enlace (que de seguro moitos e moitas xa vistes a través de internet) e buscar o animal que entra nas vosas casas (no cuarto, na cociña, no salón...).

noticia animais 3d

Podedes:
  • escribrir a vosa historia da experiencia nun papel e enviarnos unha foto,
  • escribir unha pequena frase ou un pareado co que sucedeu: a ti ou a alguén da túa familia...
  • facervos unha foto e enviala,
  • enviar un vídeo
  • o que queirades...

Enviade todo a:   bibliotecasanramonmoeche@gmail.com    ata o vindeiro xoves 2 de abril 2020.

Deben ser en lingua galega

Animádevos rapazas, rapaces, familia... do cole San Ramón!!


Mirade o exemplo:

Cando o león  entrou no salón 

papá escondeuse detrás do cherlón!!










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.