Bo día pequechas, pequechos e familias!
Hoxe traigovos unha proposta relacionada coa arte. Estes días Lamberetas e máis eu estivemos vendo moitos círculos cromáticos elaborados con obxectos de uso cotiá, que todos e todas temos nas nosas casas e pareceunos unha proposta moi interesante, para traballar tanto as formas, texturas, cores, etc.
Deixovos aquí o resultado final de varias propostas deste tipo para que vos podades facer unha idea:
Como podedes ver é viable elaboralo con todo aquilo que se vos ocorra e que podan manipular os nenos e nenas.
En primeiro lugar podemos pintar un circulo no chan con tiza, poñer un cordel en forma de círculo ou aquilo que teñades á man que logo sirva de referencia para ir colocando os obxectos. Será tan grande como vós decidades.
Logo deberemos marcar as cores. As e os maiores poden escribir as cores en papeliños e situalos arredor do círculo, os nenos e nena de quinto poden pintar uns papeliños e copiar os nomes das cores que nós lles escribamos nunha lista (sendo eles os que traten de adiviñar cal é cal reflexionando sobre as letras que conteñen) e os máis pequenos poden facelo tamén con pinturas e que nós lles escribamos os nomes desa cor que empregaron. Aquí tedes a gama de cores do círculo cromático báscio:
Agora xa podemos ir na busca de obxectos, pero para darlle un punto máis de diversión/dificultade, imos ir propoñéndolles retos en función do seu nivel madurativo, por exemplo, imos buscar 5 obxectos vermellos, logo 1 amarelo e rugoso, 3 azuis e pequenos, 2 laranxas con forma de cadrado, etc. Escribíndollelo en papel, para que os maiores o lean eles e elas mesmas e os medianos o lean coa nosa axuda. Debemos permitir tamén que sexan eles e elas os que dean as directrices de xeito intercalado. Para que ao final completemos xa o círculo con aquilo que nos falta.
Para rematar e cando xa esteamos admirando a nosa obra :), podemos reflexionar sobre que nos transmiten as diferentes cores, cal é a que máis nos gusta e a que menos, se poderíamos decir un motivo, etc. Traballando así tamén a expresión e comprensión oral, as sensacións, así como as quendas de palabra.
Animádevos a facelo, é un proceso moi interesante. Aqueles e aquelas que o levedes a cabo, gustaríame que me enviásedes imaxes ao meu correo (tédelo en Abalar Móbil) para poder gozar eu tamén coas vosas obras. De seguro que serán estupendas!
Un biquiño de Lamberetas e Ofelia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.