mércores, 18 de marzo de 2020

Inglés. 18 de Marzo do 2020. Cursos: 1º, 3º, 4º e 5º.



Bos días a todos e a todas!!

Hoxe temos algunhas actividades chulas para facer!

Comezamos!

1º CURSO: 
É momento para mellorar a memoria cun memory game, que sei que vos encantan!
O xogo chámase: Wild animals memory



Tras esta primeira actividade, podedes tentar facer esta outra: Wild animals memory with audios  Esta segunda actividade é unha proba, e os audios non son os mellores. Tiven algúns problemas ó subir os audios. Por favor, contádeme como vos foi!
A actividade consiste basicamente no mesmo ca anterios, pero en vez de unir dúas imaxes, unimos unha imaxe coa pronunciación do seu nome.


4º CURSO:
Para vós teño unha actividade de unir: Join the routines.
Tedes que relacionar as dúas partes dunha rutina, por exemplo, en lavar a cara: I wash - my face.

Despois desa primeira actividade, tedes un pequeno test para adiviñar que rutina se está describindo: Choose the routine.

Espero que vos guste!


3º CURSO:
Para este grupo temos a actividade: 2 monkeys
Nela debedes decidir se as oracións son verdadeiras ou falsas, de acordo ó que vedes nas imaxes.



Por certo, se as oracións son falsas, debedes reescribir nunha libreta, nun papel ou nun email para min, a oración verdadeira. Por exemplo: "There is two boys" non sería verdadeira, entón escribiríades: "There are two boys". 
Unha cousiña máis, onde fagades os exercicios, por favor indicade: nome, data e exercicio "2 monkeys". Gracias!

Xa me diredes como vos foi!


5º CURSO:
A vosa actividade está no EVA. Ide á sección 3, unidade 3: "at the school canteen".
Seleccionade a páxina: "a new experience at school: the canteen".
Nela realizaremos o exercicio 6 de escoitar e o seguinte crucigrama.


Como sempre, calquera cousa contactade comigo!

Ánimo!

Celia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.