É unha delicia ver como ás veces son as propias rapazas e rapaces quenes se encargan de darlle vida ao cole con actividades. Temos moita sorte con este alumnado que, de xeito totalmente voluntario se organizan para poder levar a cabo actividades para o seu tempo de lecer. Todas/os temos alguna cousa que ensinar ao mundo e estas iniciativas por parte dos peques parécennos extraordinarias.
Así é que non é raro que un día aparezan pegados nas paredes carteis deste tipo:
E por suposto, cando son propostas de nen@s para nen@s, a xente corre para inscribirse. As seguintes fotos están tomadas a escasos 5 minutos das dúas primeiras...
GRAZAS RAPAZADA POR SER COMO SODES!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.