Bos días a todos e todas!!
Feliz día do pai!!
Como temos 4 días por diante, envío actividades para todos os grupos, dende os máis pequenos ós máis grandes.
Educación Infantil:
Para os máis pequeniños teño tres actividades:
Primeiro, botádelle un ollo a este curto video:
Se o video non funciona, por favor, seguinte este link:
Se aínda así non funciona, poñpede no buscador de youtube:
Pip and the Big Red Ball.
Despois, e coa axuda dos vosos pais e nais respondede ás seguintes preguntas: these simple questions.
O que segue é unha canción para celebrar o día do pai, Disfrutádea en familia!
Aquí deixo tamén unha actividade extra, para desenvolver a creatividade. Partindo do debuxo de abaixo, que imaxe podedes crear vós?
Recordade enviarme o resultado!! e dicirme o que é!!
Ou gardalo para ensinarme á volta!
1º e 2º CURSO:
Descubre os favoritos do teu papá! Unha vez o teñas escríbeo e debúxao como na imaxe de exemplo. Os nenos e nenas de 1º curso preguntaredes polo animal favorito do voso papá; mentres que os nenos e nenas de 2º curso preguntarán pola súa froita favorita.
Recordade enviarme por correo as vosas creacións!
Ou gardalas para cando voltemos ás aulas!
Como actividade extra para 1º e 2º propoño ver o seguinte video.
Esta é unha falante nativa, que le o libro en alto. Vainos vir moi ben para afacer os oídos á linguaxe inglesa. O conto trata sobre un pai e seu fillo e como trascorre o día de cada un. A ver quen sabe cal é a mellor parte do día para os dous!
É unha historia moi doce, espero que a disfrutedes en familia!
Por certo, non precisades ver o video completo, tan só a parte na que se vai lendo o conto ;)
3º e 4º CURSO:
Para 3º curso imos a completar a seguinte frases e imaxes con "there is" ou "there are": complete with "there is" or "there are" . Podedes ou ben imprimila, ou ben, escribilas respostas nun papel ou nunha libreta. Enviádemas por correo, indicando nome e data :) Tamén mo poderás ensinar cando voltemos.
4º curso completará con rutinas nas imaxes que vedes no seguinte link: complete with routines. Despois recordade enviarmas por email nun papel ou nunha libreta. Ou gardalo para darmo cando voltemos á escola.
Tanto 3º coma 4º deberedes intentar poñer en orden o seguinte texto: I am Anna. Deberedes unir cada anaco de texto co número que lle corresponda para ordenalo.
Boa sorte! Contádeme como foi!!5º e 6º CURSO:
Traballaredes dende o voso EVA.
Por un lado, 5º curso irá á sección 3, unidade 3: "At the school canteen", á páxina chamada: "A new experience at school: the canteen". Unha vez nela, faredes os exercicios 7 e 8. O exercicio 7 consiste en clasificar: vexetais e froita; e o exercicio 8 é de unir nomes e definicións.
6º curso abrirá o EVA na sección 4, unidade 3: "Going Shopping", na páxina: "Buying things". Nela faremos os exercicios 3, 4, 5, 8 e 9. O exercicio 3 é unha lectura, e xuntos, o 4 e o 5 son preguntas de comprensión lectora. Os exercicios 8 e 9 están relacionados con dous sons diferentes da lingua inglesa. Nestes dous últimos non vos preocupedes se non van perfectos ó primeiro intento, precisan de concentración e moita atención, é un pouco difícil de oir a diferencia entre ámbolos dous sons. Con un pouco de atención, seguro que sae ben!
A maiores, 5º e 6º curso contarédesme que actividades especiais fixéstedes coa vosa familia para celebrar o día do pai. 5º curso usará o presente simple, pero 6º curso, dado que xa coñecedes o pasado, farédelo en pasado. Se precisades axuda, aquí estou.
Para rematar, 6º e 5º curso escoitaredes a canción: "It's my life" de Bon Jovi.
Mestres que a vedes tratade de completar a letra da canción no seguinte link: complete the song with the righ words. Tedes as palabras que precisades nun cuadradiñó da mesma páxina, simplemente tedes que poñelas na orde correcta. O exercicio 1 é bastante simple, pero coidado, precisaredes usar a mesma palabra máis dunha vez. O exercicio 2 é un chisco máis difícil, asique tentádeo facer o mellor que poidades, e non vos preocupedes demasiado se non sae perfecto.
Ben, esto foi todo pola miña parte! Disfrutade do día do pai!
Calquera cousa que precisedes, por favor, contactádeme.
Apertas,
Celia
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.