xoves, 12 de marzo de 2020

ANALIZANDO O TEMPO EN METEOMOECHE

Os maiores do cole levaron a cabo unha análise máis pormenorizada do tempo durante o mes de febreiro e explicáronllela ao resto dos nenos e nenas.
Está claro que isto do tempo dá para moito! Lede a continuación e veredes:

 Gráfica meteorolóxica de febreiro en Moeche

 

O clima de Moeche é oceánico. A temperatura media de febreiro é de
10,5 ºC, a temperatura máxima é de 20,2 º C( o 3 de febreiro ) é a
mínima foi de 2,8 ºC.
A amplitude térmica é de 17,4 ºC.
A precipitación media do mes de febreiro foi de 83,1 mm.
O día con máis chuvia foi o 16 de dito mes, ( a precipitación foi de 9,4
mm)
En febreiro a humidade media foi de 86,6 %, a presión atmosférica
media é de 1028,3 hPa, a velocidade do vento foi de 0,5 km,a ráfaga
máxima do vento foi de 1,1 km,a chuvia manifestouse con 83,1 mm,a
intensidade da chuvia presentouse con 0,1 mm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.