Preparados para un novo día??
2 CURSO:
Comezade por ver o seguinte video. Trata sobre o que lle gusta e o que non a diferentes personaxes:
Espero que vos gustara!
Agora, por favor, facede a seguinte actividade: "Que din?" What do they say?
Simplemente tedes que dicir se a unha personaxe lle gusta ou non unha comida, clicando en "like" ou en "don't like" e baseándote no que viches no video.
6º CURSO:
No voso EVA, miraredes o apartado de gramática explicada na sección 4, unidade 3: "Going shopping", na páxina chamada: "hai...?" ou en inglés: "is there any...?". Lede dito punto, e se tedes algunha pregunta, comunicádemo. Por favor, pregutádeme tamén se tedes algunha dúbida con referencia ós nomes contables e incontables, imos precisar ter ditos conceptos moi claros nas próximas sesións.
Is it crystal clear?
*Crystal clear: é unha expresión para dicir que todo está moi claro.
Tras ler, imos a poñer en práctica o máis sinxelo primeiro, de feito, xa vos debera de soar. No exercicio ides escoller "a" ou "an" dependendo da primeira letra da palabra, se a palabra comeza por consoante, escolleremos "a"; se comeza por vogal, escolleremos "an", tal e como se explica no punto que xa teredes lido. Ben, aquí vai o exercicio: "a" or "an".
Ademais, se tivestes algún problema co exercicio de "countable or uncountable" de onte, non é mala idea que o revisedes.
3 CURSO:
Estivemos traballando coa expresión de "hai" do inglés: "there is" and "there are" durante as pasadas sesións. Hoxe imos ir un pasiño máis alá, á súa forma negativa.
Se queres expresar que non hai algo, unha cousa, animal ou persoa, pero unha soa, usaremos: "There isn't" or "there is not".
Se o que queremos expresar é que non hai varias cousas, animais, ou persoas, diremos: "There aren't" or "there are not".
"There is" e "there isn't" para 1 cousa, animal ou persoa.
"There are" ou "there aren't" para máis de unha cousa, animal ou persoa.
O seguinte video explicarao clariño.
Despois de velo, podes practicar con este exercicio: There is, there isn't, there are or there aren't.
Esto é todo por hoxe!
Tede un martes estupendo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.