venres, 20 de marzo de 2020

EDUCACIÓN INFANTIL 20 DE MARZO DE 2020

Bo día pequenas, pequenos e familias!

Traémosvos algunha idea máis para traballar cos recursos que tedes dende a casa.

En primeiro lugar, unha actividade para facer cos cativos e cativas de 3 anos e dándolle unha maior dificultade, tamén cos de 4. Trátase de reutilizar os cartóns do papel hixiénico, pintándoos e escribíndolles os números. De xeito que logo os vaian enchendo co número de obxectos (palliñas, bastonciños, etc) que indica a grafia. Ao mesmo tempo que estaremos empregando material co que todos e todas contamos e dándolle un novo uso.

Amósovos unha imaxe de lacasitaeducativa.com


Para os nenos e nenas de 4 anos quizais con algo de axuda e para os maiores, de 5 anos, traigovos outra proposta de conteo, que podemos responder nun papel aparte, sen necesidade de facer impresións, véndoo dende a pantalla. Da autoría de: abracitosdepapel.blogspot.com



Pasade unha boa fin de semana en familia, debemos aproveitar o tempo para estar cos nosos e con aqueles que nos rodean nestes momentos na nosa casa.

Ánimo!

#quedanacasa

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.