Remata o mes de febreiro e tralas análises meteorolóxicas que facemos de xeito diario, cada curso adaptado ao seu nivel, así como o envío dos datos observados a Meteogalicia, toca facer unha reflexión máis global dos datos tomados dende mediados de xaneiro.
Puidemos ver que, en palabras dos máis pequeniños e pequeniñas do cole: En Febreiro houbo moito máis sol e tamén choveu moito menos ca no mes anterior!
Aínda que en moitas ocasións non sexamos plenamente conscientes, a meteoroloxía influenos a todos os niveis: como nos temos que vestir para vir á escola, se podemos saír a xogar sen mollarnos ou non, no estado de ánimo e un longo etcétera. E isto é algo sobre o que estamos a traballar.
Benvido marzo!
Benvido marzo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.