Hoxe é 1 de abril!
Comecemos!
1st grade:
Imos revisar o que falamos a semana pasada sobre o que os animais salvaxes fan: roar/ruxir, fly/voar, jump/saltar, clim/trepar e swim/nadar. Para elo, imos facer a seguinte actividade:
What do animals do? (second round)
Deixo tamén aquí o exercicio da semana pasada, por se o queredes facer de novo:
What do animals do?
Como extra, podedes traballar sobre esta paxiñiña, que ampliará o voso vocabulario. Link and colour the animals
4th grade:
Os nenos e nenas de 4º ides ler a rutina de Anna Anna's routine. Despois responderedes ás preguntas que están a continuación do texto. Asegurádevos que dades respostas LONGAS/LONG answers, por exemplo:
Anna wakes up at 10 am.
Anna levántase ás 10 da mañá.
After she brushes her teeth she goes to school.
Despois de lavar os dentes, ela vai á escola.
At school Anna plays computer games.
Na escola Anna xoga a videoxogos.
Estas son respostas CORRECTAS.
(Por certo, non as copiedes, son inventadas).
Exemplos de respostas INCORRECTAS serían: yes/si, no/non, at 5am/ás 5 da mañá, talks to her parents/fala cos seus pais... estas NON son correctas, son demasiado curtas para o inglés.
Unha cousiña máis!!! Recordade poñer a "s" nos verbos, xa que estamos a falar dunha 3ª persoa, "she/ela".
3rd grade:
Ben, nenos de 3º, estades listos para continuar? Imos revisar o que comezamos onte, poñémonos ó tema!
How many things are there in the city?
Recordade: There is e there are.
5th grade:
Se fixéstedes todas as fichiñas que vos colguei aquí, seguro que non daredes con ningún problema ó facer o exercicio de hoxe. Abride o voso EVA na sección 3, unidade 3: "at the school canteen", na páxina chamada: "What food do you like". Unha vez nela, faredes o exercicio 10, que é un pequeno escrito. Primeiro debes escribir sobre os vosos gustos, despois sobre os dun amigo ou un familiar.
Vai con ollo! Cando fales sobre ti non precisas aplicar ningún cambio nos verbos, pero cando falas sobre a terceira persoa (neste caso, un amigo, túa nai, teu irmán...) precisas engadir: "s", "es" or "ies", así como tamén usar "does" or "doesn't" en vez de "do" ou "don't".
É moi sinxelo confundirse se non estamos ben concentrados!
Esto é todo por hoxe!
Espero que o pasedes ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.