Hoxe deu comezo oficialmente a primavera! BENVIDA PRIMAVERA!
Para celebralo, temos unha proposta para vós, que estaba xa programada dende hai unhas semanas, pero que agora cobra máis sentido se cabe!
O ceo é unha pantalla natural, á que todos podemos mirar, sexa dende onde sexa, tan só con asomarnos e dirixir a mirada cara arriba. É fonte de creatividade, relaxación,... Ver como veñen e van as nubes, como tornan dunha e doutra cor e como nos recollen co seu manto que semella blandiño, suaviño e esponxoso.
Por todo iso, nestes días imos propoñervos mirar ao ceo e buscar formas nas nubes, cando atopedes inspiración nunha delas sacádeslle unha foto e enviádesnola ao correo: meteomoeche@gmail.com
Na mensaxe debedes indicar o autor da imaxe e que figura vedes. Iranse colgando no blogue de xeito paulatino, para que podades adiviñar formas nos comentarios, mentres non desvelamos a información sobre ela que nos proporcionou a autora ou autor e así dámoslle ás á nosa imaxinación. Animádesvos?
Por outro lado, tamén comezaremos a traballar e aprender sobre a tipoloxía das nubes: cirros, estratos, cumulos, etc. Veremos máis sobre isto, proximamente.
Saudiños
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.