martes, 24 de marzo de 2020

EDUCACIÓN INFANTIL 24 DE MARZO 2020

Bo día cativada e familias!

Hoxe en Barreiros saiu o sol e cantan os paxariños, están ledos porque chegou a primavera! Dá gusto asomarse á venta e escoitar como lles cantan uns aos outros. Esta é unha estación moi bonita, poderiadesme decir en que se distingue do inverno?

Resultado de imagen para pajaritos primavera

Hoxe imos traballar un pouquiño de lóxica matemática.

Os nenos de 4º de Educación Infantil van traballar o conteo e a subitización (capacidade de recoñecer no momento o número de dedos ou puntiños do dado de xeito momentáneo, neste caso), contanto o número de paxariños e indicando cal é a opción inferior correcta, podenos levar un tempo, o que non podemos permitir é que vaian indicando todas as opcións e ao final o fagan por decarte.


Os pequenos e pequena de 5º de Educación Infantil van traballar coa recta numérica do 10, recoñecendo que número é o que está mal, dicindo cal sería o correcto e escribíndoo nun papel. Tamén poden intentar completar algúns dos números da táboa do 100 con axuda, que teñen os alumnos e alumnas de 6º.


Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil van traballar cos amigos do 10, isto xa o fixemos algunhas veces na aula, pero quizais necesiten que lles botedes unha man. Trátase de ver tódalas posibilidades nas que se pode descompoñer o 10 (2+8, 3+7, 8+2, ata completalas todas). Tamén deberedes completar a táboa do 100 primaveral.

Fichas deseñadas por Recursos EP


E xa para completar, deixovos unha actividade que ten forma de reto e que de xeito lúdico estarán traballando a lóxica matemática sen decatarse. Debedes escoller as probas que lles poñedes, xa que dentro do documento hainas máis sinxelas e máis complicadas. Estas últimas con demasiado nivel para os nenos de 4º e algunhas tamén para os de 5º. Podedes facelo de xeito que cada vez que consigan superar un reto lles deades un obxecto (un botón, pinza, pegatina, ou o que se vos ocorra) e cando consigan o número que vos estipuledes, gañen a posibilidade de algo que a eles lles guste, "cantar a canción que máis lles guste moi alto", "escoller a merenda", está nas vosas mans. Moita sorte!

Tarxetas deseñadas por Orienta Media Gabinete Psicopedagóxico.

Lembrade que non é necesario imprimir ningunha destas actividades, podemos velas dende a pantalla e ir escribíndoas nun papel.

Saudiños para todos e todas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.