martes, 17 de marzo de 2020



Bos días nenos e nenas!

É tempo de facer algo de traballo en inglés dende a casa!

Para este tempo que premanezamos no fogar, estarei enviando algunhas actividades; non vos preocupedes, serán fáciles e sinxelas!

Ireinas subindo ó blog pola mañá, seguindo o horario habitual de aula. As actividades poden incluir: ver un video, atopar obxectos na casa, algúns exercicios sinxelos de gramática, exercicios escritos, xogos online, crucigramas...

No caso de ter calquera dúbida, por favor contactádeme a través do servizo de mensaxería de Abalar para familias. Para os nenos e nenas de 5º e 6º, recordade que tamén podedes usar as mensaxes persoais dende o voso EVA.

Tede en conta que o obxectivo fundamental é que non vos esquezades do inglés!

Ata pronto, 

Celia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.