luns, 30 de marzo de 2020

Inglés e Valores. 30 de marzo de 2020. 4º, 5º e 6º.


Bos días a todos e todas!

Onte foi día de cambio de hora, o cal nos trastoca o sono!


Todos e todas queremos 5 minutiños máis na camiña...


Precisamos cargar baterías! Por iso traio algo moi sinxelo para todos os curos! Espero que vos guste!

4º, 5º e 6º CURSOS:
Ides escoitar a seguinte canción:


Count on me - Bruno Mars


Ó mesmo tempo que cubrides a seguinte páxina: Count on me - Bruno Mars
Tedes as palabras que precisades nun cuadradiño, pero coidado! algunha utilízase máis de unha vez!

Despois, podedes cubrir o seguinte exercicio, é moi fácil, xa veredes! exercises for "Count on me"

Espero que vos gustase a canción!



VALORES:
A imaxe que vedes abaixo está sacada dende un edificio de Madrid. Quero que miredes ben esta imaxe. Dentro do círculo azul hai un edificio máis alto ca os demais, é un pouquiño máis escuro.


 Ben, unha vez que o vistedes, vou a reproducir unha conversa entre dúas rapazas, unha galega e outra madrileña (a que vive no edificio dende onde se sacou a foto).

Rapaza madrileña: Oye, ves ese edificio alto? - refírese ó edificio que vos mandei mirar antes.

Rapaza galega: Sí, claro!

Rapaza madrileña: Pues hace una semana no se veía, por la contaminación.

Esta conversa aconteceu no día 9 de corentena, e é totalmente verídica. A rapaza comentaba que pouco e pouco a "bruma da contaminación" foi desaparecendo.

Aquí vos deixo, conversa e fotografía, para que pensedes e saquedes conclusións.




Esto foi todo por hoxe!

Pasade unha boa semana!!
Ata mañá!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.