CIENCIAS DA NATUREZA 4º EP
Pois... hoxe vai de ciencias!!!
Os de 4º imos estudar o aparato locomotor, é dicir o conxunto de ósos e músculos do noso corpo.
-En primeiro lugar, mirade o vídeo.
-A continuación, clicade no PDF e lede moi amodiño os apuntes, fixándovos ben. Sería convinte que os lérades máis dunha vez.
-Seguidamente, facede clic no esquema e copiádeo na libreta ou nun folio. Podedes empregar distintas cores e decoralo, para que vos quede o máis curioso posible.
-Por último, descargade os exercicios. Coma sempre, podedes imprimilos ou facelos nun folio ou libreta.
CIENCIAS DA NATUREZA 3º EP
Os rapaces de terceiro imos traballar tamén as ciencias da natureza, en concreto a nosa saúde.
-En primeiro lugar, debedes clicar no PDF e facer o esquema nun folio ou na libreta de clase. Procurade facelo con boa letra e decoralo, para que vos quede o máis curioso posible.
-En segundo lugar, ides facer as actividades que teñen que ver co tema que estamos tratando.
-Por último, déixovos un experimento para os que queirades e poidades facelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.