luns, 23 de marzo de 2020

Inglés. 23 de marzo do 2020. 4º, 6º e 5º. Valores.



Feliz semana a todos e todas!!

Espero que tivésedes unha boa semana.

Comezamos!!

4º CURSO:
Recordades que estivemos falando do verbo "like", gustar, por exemplo:  "I like swimming" ou "gústame nadar".
Quen recorda que ocorría cando en vez de I, se falaba de "she" ou "he"?

EXACTO!

She likeS swimming
He likeS swimming!

Engadíamos "s".

Imos revisar esto, pero usando as rutinas coas que estibemos traballando. Iremos despaciño, e adicarémoslle tempo durante as próximas sesións, dacordo?

Para comezar un rápido repaso co seguinte documento.
Present simple 3rd person affirmative

A continuación, podedes facer o seguinte exercicio: All what matters is "S"



5º CURSO:
No voso EVA, precisades ir á sección 3, unidade 3: "At the school canteen", á páxina chamada: "a new experience at school: the canteen". Alí tedes a actividade 9 e 10 de escoitar. Unha vez rematadas, escribiredes con cada unha das palabras dos exercicios, unha frase relacionada co que se fai nos diferentes espazos, por exemplo: "I run in the gym" ou "No ximnásio córrese". É moi sinxelo!

Recórdovos que tedes unha nova tarefa no EVA, chamada: "Quarantine Duties" para que subades a ela todos os deberes deste tempo que pasemos na casa. Está engadida na sección 4.


6th grade:
Desta vez, debedes pensar sobre nomes contables e incontables: "countable and uncountable nouns".

- Un countable noun é aquel que se pode contar os diferentes elementos.

- Un uncountable noun é aquel ó que non se lle poden contar os diferentes elementos.

No seguinte exercicio imos traballar un pouco ámbolos termos:

Countable and Uncountable nouns

Despois, escribe tres nomes contables, e tres nomes incontables.

Recórdovos que tedes unha nova tarefa no EVA, chamada: "Quarantine Duties" para que subades a ela todos os deberes deste tempo que pasemos na casa.





VALORES:
Para os nenos e nenas de valores, traemos unha nova frase, con unha temática moi á orde do día, dada a situación co coronavirus. 

"A saúde é como unha coroa que lucen todos os sans, pero que tan só ven os que están enfermos".

Espero aprendamos algo con esta frase. 


Calquera cousa que precisedes, por favor, facédemo saber.
Tede un bo día!

Celia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.