xoves, 26 de marzo de 2020

Inglés, 26 de marzo de 2020. EI, 2º, 6º e 1º.



Bos días queridos alumnos e alumnas!!

Hoxe é un día apuradiño!

Educación Infantil:
Esta actividade servirá para revisar as cores en inglés, cun audio para unir a imaxes.
Colours and its sounds

Como sei que estes pequenos e pequenas están moi interesados en dinosaurios, aquí deixo algunhas actividades sobre eles!
Comezamos cun video co cal revisaremos os números e aprenderemos os nomes dalgúns dinosaurios en inglés!



Non sei se sabedes, pero eu teño uns dinosaurios de xoguete na casa... e con eles preparei un xogo de adiviñanzas! É un text sobre os meus dnosaurios! A ver se podedes descubrir de que cor son!!  My own dinosaurs collection

Tras ter adiviñado as cores da miña colección de dinosaurios, aquí deixo unha presentación dos mesmos, espero que vos guste!!!
My dinosaur presentation


Este é un xogo no que debedes colocar o esqueleto completo dun dinosaurio!!! Disfrutádeo!!
Dinosaur Skeleton

Por certo, recoméndovos botarlle un ollo a esta páxina web, xa que nela podedes atopar bastantes actividades chulas, videos, historias...

E que mellor forma de rematar esta sesión que movendo o noso propio esqueleto!! Eso sí, tal e como se fósemos dinosaurios!!



2º CURSO:
Para comezar, podedes ver este curto video, que nos refresque a memoria:


Despois, podes revisar as túas capacidades como escritor da lingua inglesa coa seguinte actividade: Write the sentences!


6º CURSO:
Continuamos traballando no punto de gramática que comezamos na anterior sesión (facede memoria: grammar point da sección 4, unidade 3: "Going shopping", na páxina chamada: "is there any...?").  Hoxe imos a centrarnos en como usar "some" e como unsar "any". Como xa tedes lido no voso EVA, "some" úsase para oracións afirmativas, con plurais contables e nomes incontables (é dicir, "some" nunca se usa para nomes singulares); pola contra, "any" úsase en oracións negativas e preguntas.
"Some" pode substituirse por un número se sabemos a cantidade exacta que queremos, que temos... Por exemplo:
- There are some biscuits. (non sabemos a cantidade exacta)
Hai algunhas galletas.
- There are three biscuits. (coñecemos a cantidade exacta)
Hai tres galletas.

O video que engado a continuación, axudarache a comprender estes aspectos.



Seguramente xa vos soa esto, se tedes dificultades para comprendelo, por favor, decídeme.

Deixo aquí unha paxiniña para que completedes e practiquedes.
Se non coñecedes a Garfield, este é un bo momento para coñecelo!
Mira este video:






1º CURSO:

Falábamos sobre animais salvaxes nas anteriores sesións, hoxe imos ir un paso máis aló. Imos coñecer algunhas das cousas que poden facer: climb/trepar, roar/ruxir, run/correr, swim/nadar, fly/voar and jump/saltar. Primeiro, bótalle un ollo a esta presentación que mostra os diferentes animais facendo as actividades que máis coñecen:  Wild animals activities!


Despois, podedes facer esta actividade de unir cada animal coa súa actividade.  A ver se podes!!! 

Recorda que, a pesar das imaxes e das actividades que acabas de ver, non hai nada imposible... incluso unha vaca pode saltar a carón dun golfiño!


Mantén os ollos ben abertos, en calquera momento podes descubrir un animal facendo o que supostamente non son quen de facer, pero que, realmente sí que poden facer!!


Como sempre, contactádeme con calqueira cousa que precisedes!
Celia

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.