mércores, 25 de marzo de 2020

EDUCACIÓN INFANTIL 25 DE MARZO DE 2020

Bo día pequechos, pequechas e familias!

Hoxe por aquí tamén saíu o soliño, dá gusto velo e transmite enerxía positiva :)

Resultado de imagen para sol dibujo

Déixovos varias recomendacións por aquí, para que teñades ideas para seguir traballando un pouquiño. 

Os nenos de 4º de Educación Infantil tedes unha imaxe, na que debedes recoñecer os vosos nomes e tentar identificar o de algún outro neno. Ademais, podedes ir sinalando as vogais que os conteñen e se os tedes en papel, rodear cada unha dunha cor diferente (A de vermello, E de verde, ... ou das cores que vós escollades). E logo ver se recoñecedes algunha das outras letras.


Os nenos e a nena de 5º de Educación Infantil tamén podedes ver o documento anterior dos "Nomes" e ler os dos vosos compañeiros e compañeiras. Logo déixovos tamén unha sopa de letras con todos os nomes. Só están dispostos en horizontal para que así vos sexan un pouco máis doados de atopar. Ánimo! 


As nenas e nenos de 6º de Educación Infantil podedes facer tamén a seguinte sopa dos vosos nomes (non llo digades a ninguén, pero sei que a algún de vós gústanvos moito jiji). Están distribuídos en horizontal, vertical e diagonal. Co cal ánimo, non é un traballo doado, pero con perseveranza seguro que o conseguiredes.


Malia que podan parecer xogos o alumnado deste xeito estará entrenando o movemento dos ollos, a identificación das grafías, a motricidade fina, a concentración, perseveranza, etc.

Tamén vos deixo un lote de Adiviñanzas, son moitas, pero como sei que vos gustan, así tedes un remanente para os momentos de aburrimento. Os maiores tamén llelas podedes preguntar ás familias, incluso aos amigos por teléfono ;)

Adiviñas creadas por Gabinete Psicopedagóxico Orienta Media.

Lembrade que todo o que publicamos estes días son recomendacións, que cada familia dentro da súa situación pode ir realizando, se así o desexa. 

Modestina tamén vos publicou cousiñas no blog, botádelles unha ollada e, se vos apetece, enviádelle o voso arco da vella. E a Meteomoeche tamén podedes enviar as vosas nubes e deixar nun comentario a que se semella a nube de Noa. Cantas cousiñas! :)

Saudiños.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.