mércores, 25 de marzo de 2020

Inglés. 25 de marzo de 2020. 1º, 4º e 5º cursos.



Bos días nenos e nenas!

Espero que estedes a pasar unha moi feliz semana!!!

Hoxe é o turno dos rapaces e rapazas de 1º, 4º e 5º cursos!

Are you ready??
Estades listos??



1º CURSO:
Para este grupo teño algunha adiviña de animais... Intenta saber de que animal se fala!!
Wild Animals Quizz

Para continuar, se queredes, podedes facer esta sopa de letras. Igual resulta un pouco complexa, pero seguro que tedes moita axuda na casa:
Wild animals Word Search






4º CURSO:

Estamos fafando da "-s" que precisamos cando falamos de terceira persoa: "he",  "she", "it", só unha cousa, só un animal ou só unha persoa. Para practicar, imos facer a seguinte actividade: Choose the correct option

Be careful! Coidado! 17 e 24 NON son terceira persoa, esos non precisan "s".

Contádeme como vos foi!

5º CURSO:
O grupiño de 5º, por favor, abride o voso EVA, na sección 3, unidade3: "at the school canteen" na páxina chamada: "What food do you like?". Xa temos traballado nesta páxina antes. Hoxe, imos revisar como se expresan as preferencias dun mesmo e dos demais, para elo, revisaremos o punto de gramática, co título: "talking about preferences". Por favor, mirade a táboa e observade os diferentes modos de expresar preferencias. Asegurádevos que mirades ben o punto da terceira persoa: he, she, it (como xa sabedes, tamén se aplica a: só un nome, só un animal, só unha cousa); recordade que engadimos "-s", "-es" ou "-ies" en afirmativo, e "doesn't" en negativo. Traballamos un montón sobre esto na aula...



De todos modos, coméntádeme calquera dúbida que teñades :) Eso sí, debemos tentar telo claro para as próximas sesións, polo que preguntade todo canto queirades.
Then you are going to do exercises: 7, 8 and 9. Exercise 7 is a listening, 8 and 9 are comprehension questions.


Isto é todo por hoxe, deixovos con este chistoso mono comendo un plátano :)




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.