Bo día queridos nenos e nenas e queridas familias.
Aquí tedes unha nova actividade
que podedes facer cos rapaces e rapazas nas vosas casas. Trátase dun
conto/carta que deixou o trasno Lamberetas (a mascota da aula) na miña casa e
que podedes ver en formato de vídeo.
Sería bo que tras o seu visionado fixésedes preguntas aos nenos e
nenas do tipo: que lle ocorría a Lamberetas? Como se sentía? Que foi o que
fixo? Que lugares visitou? Que lle ocorreu ao final? Vendo deste xeito a
comprensión auditiva e comprobando tamén a memoria e atención. Estas preguntas
deberemos ter en conta tamén que serán respondidas en función do nivel no que
se atopen os nenos e nenas, ao alumnado máis pequeniño teremos que botarlle unha
man e os máis maiores responderán xa dun xeito máis autónomo.
Os nenos e nenas de 3 anos poden debuxar a Lamberetas nun folio e intentar
escribir o nome do neno ou nena, para isto podemos darlles unha referencia.
As nenas e nenos de 4 anos poden debuxar a Lamberetas nun folio,
poñer o nome do neno ou nena e coa nosa axuda escribir Lamberetas e poñer a
data de hoxe.
Os nenos e nenas de 5 anos poden debuxar a Lamberetas nun folio,
escribir o nome das persoas que aparecían no conto e poñer o seu nome e data.
Moito ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.