martes, 17 de marzo de 2020

Bos días!

Espero que todos esteades ben, comecemos coas actividades!

2º curso:
Aquí achego unha actividade de unir, sobre comida: Delicious Food!

Tan so debedes relacionar cada imaxe co nome que lle corresponda. Ó ver cada imaxe podedes dicir en alto o seu nome, así revisaredes o vocabulario traballado na aula.



6º curso:
Para vós creei un test:  What are they wearing?
Consiste en escoller a descripción correcta para cada persoa co seu estilo. 
Non vos confiedes! Ten trucos!


3º curso:
Recordades que estibemos falando sobre: "There is/There are" na escola?
Estas palabras significaban: "haber". 
En moi resumidas contas, "There is" era para singular (para unha soa cousa, animal, persoa...) e "There are" usábase para o plural (máis de unha cousa, animal, persoa...), recordades?

Nesta imaxe, tentade decir o que vedes, o que hai, usando "There is".
Aínda que non o hai, propoño o seguinte exemplo: "There is a crocodile" ou "Hai un cocodrilo".


Escribide nun papel, ou enviádemo por correo electrónico, como máis cómodo vos resulte!
Podédesme dicir tamén cal é o voso animal favorito!

Pasade un bo día!
E preguntade calquera cousa que necesitedes!

Unha aperta,
Celia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.