martes, 17 de marzo de 2020


Bos días!

Espero que todos esteades ben!
Imos explicar os traballos por cursos:

4º CURSO:
Planeade a rutina para este tempo (un horario a repetir cada día), non vos esquezades de establecer un tempo específico para facer os deberes.
Escribide a vosa rutina en Inglés. Se non recordades o vocabulario, podedes atopalo no seguinte video, ou tamén me podedes preguntar a min.





6º CURSO:
No Eva, seleccionade a sección 4, unidade 3, chamada: "Buying things".



Para comezar imos a revisar o vocabulario relacionado con roupa e accesorios no exercicio 1, cunha actividade de escoitar. Despois, no exercicio 2, necesitaredes responder algunhas preguntas. Por favor, non usedes o traductor para frases completas. Está ben usalo para palabras soltas que non estendades. Asegurádevos tamén de que creades as vosas propias respostas, non deberiades usar o traductor para as respostas.

Espero recibir respostas xa hoxe ;)


5º CURSO:
Ides traballar no EVA, ide á sección 3, unidade 3: "At the school canteen". Abride a páxina co título: "A new experience at school: the canteen". 



Nela necesitades facer os exercicios do 1 ó 5. O exercicio 1 require tan só de decir os nomes en inglés dos lugares da escola que vedes; o exercicio 2 é unha actividade de escoitar e os exercicios 3 e 4 compoñen un test de comprensión. Finalmente, no exercicio 5 necesitades crear algunhas respostas, e repito o mesmo que para 6º curso: usade o traductor para palabras soltas, pero non o usedes para frases completas ou para crear as vosas propias respostas.

Espero ver respostas antes do mércores :)


Engado aquí un pequeno inciso para os nenos e nenas de valores. Gustaríame que adicásedes algún tempo á reflexión. Para elo, heivos de enviar semanalmente frases curiosas. Debedes de atopar algún momento no día para pensar sobre elas e sacar conclusións sobre as mesmas. Algunhas frases necesitarán de máis pensamento ca outras, sen embargo, eu creo que vos podedes propoñer este traballo da seguinte maneira: pensar sobre a frase de luns a venres, nalgún momento de tranquilidade no que dispoñades, e o mesmo venres, adicar un tempo a escribir a conclusión á que chegástedes. Esto é só unha proposta, vós podédesvos organizar como gustedes. O que non deberiades facer é escribir a primeira cousa que se vos veña á cabeza. Tentade chegar máis ó fondo das cuestións e ver que podedes descubrir tan só pensando. Recordade, non é un resumo, trátase de explicar o que vós entendedes das frases e as conclusións que obtedes tras ter sobre elas.

A frase para esta semana é a seguinte:

" Se cres que es demasiado pequeno para marcar a diferencia* intenta durmir con un mosquito na habitación".



*Enténdase para xear un cambio, para mellorar o mundo, para influenciar outras persoas...

Espero que disfrutedes pensando e que descubrades grandes cousas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.