Podedes seguir enviándonos achegas meteorolóxicas ou que figuras vedes nas nubiñas ao correo meteomoeche@gmail.com indicando se vedes algunha forma ou que é aquilo que nos amosades, así como o nome do neno ou nena.
Tal e como puidemos comprobar estes días, Abril non perdeu o seu carácter inestable e segue facendo das súas, hoxe calor, mañá frío, ó outro día choiva,... Pero xa lle queda pouquiño!
Carlos Beceiro enviános unha fantástica posta de sol que nos deixou este cuarto mes do ano, ollade que cores tomaron eses cirrocúmulos, que tan característicos son polas súas formas de reguiños.
"Nubes ao atardecer" de Carlos Beceiro |
Asier envíanos unhas nubes que cazou e que titulou "As nubes antes da choiva", semellaba que esas nubes negras ían deixar caer un feixe de auga
"As nubes antes da choiva" Asier Fernández |
"Xigantes brancos sobre o monte Faro" Profe Sonia e a súa familia |
Nube 1. Noa Martínez |
Nube 2. Alba del Castillo |
Nube 3. Carlos Beceiro |
Non deixedes de mirar ao ceo, garda cousas ben fermosas para os nosos ollos!
Unha aperta de nube!
RESOLVEMOS A INCÓGNITA:
NOA MARTÍNEZ contounos que ela vía un peixe!
CARLOS BECEIRO viu un portal!
Moitas gracias por participar!
Familia de Adrián Muíño opina que:
ResponderEliminar1.- Boca dun T-REX
2.- Sapo
3.- Xigante asustando a alguén moi pequeno
A ver se acertamos!