Bos días a tod@s!!! Espero que estedes todos ben e que sigades traballando moito!
Hoxe vai de Ciencias Sociais.
-Aos de 3º de EP déixolles un vídeo sobre a auga no noso planeta e unhas actividades relacionadas cos fenómenos atmosféricos.
Non tedes necesidade de imprimilas, como teñen moitas imaxes, podedes poñer a letra correspondente a cada unha delas e a solución ao lado.
-Aos de 4º de EP déixolles unha presentación sobre os grupos da poboación. É recomendable lela varias veces. A continuación, clicade nas actividades e resolvédeas.
Moito ánimo!!!
CIENCIAS SOCIAIS 3º EP
CIENCIAS SOCIAIS 4º EP
Déixovos tamén, para os de 3º e 4º, un xogo moi divertido inspirado no programa da tele "BOOM". Es quen de superar todos os retos sen fallar?? Inténtao facendo clic no enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.