venres, 17 de abril de 2020

NOVAS NUBES PARA O NOSO OBSERVATORIO!

Boa tarde meteorólogas e meteorólogos!

Abril é un mes revoltoso e estámolo comprobando, os días chuviosos e fríos, alternan con días cálidos e case veraniegos. De feito hai un refrán que di:

                           "O inverno non rematou, ata que abril xa pasou"

Testimonio disto é un vídeo que nos envía o noso profe Abel en directo, onde podemos observar diferentes fenómenos atmosféricos ocorrendo ao mesmo tempo:

Como podedes comprobar, a fama que ten este mes non é nada boa, pero o que si nos está dando abril son unhas nubes ben fermosas que permiten que voemos canda a nosa imaxinación. As cales nos podedes seguir enviando ao correo    meteomoeche@gmail.com

Atrevédesvos a adiviñar que virón os vosos compañeiros e compañeiras nelas? Deixádenos a vosa resposta en comentarios:

NUBE 1: ADRIÁN MUÍÑO

NUBE 2: LAURA RODRÍGUEZ

NUBE 3: ADRIÁN MUÍÑO

NUBE 4: ÁLEX SEDES
Grazas por estas nubes tan bonitas! Vós a que credes que se semellan?

Na publicación anterior do Observatorio de Nubes de Meteomoeche poderedes ver resolta a incógnita da anterior ocasión!

Unha aperta de nube.


IMOS RESOLVER A INCÓGNITA
A nube de Laura era un DRAGÓN!
A de Álex era un OVNI!
Adri compartiu con nós unha MANTA RAIA e un COCHE DE CHOQUE!
Gracias por participar rapaces e rapazas! 

1 comentario:

  1. As nosas votacións son:

    Nube 2: Adrián e Martín votan por unicornio. Papá e mamá cren que é un velociraptor!
    Nube 4: cremos todos que é unha manta-raia

    ResponderEliminar

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.