mércores, 22 de abril de 2020

Apadriñamento Lector do San Ramón!!





Día 22 de abril de 2020, Día da Terra que se celebra en moitos países do mundo.
Dende o noso colexio, Ceip San Ramón de Moeche, é un reto que pretendemos para todo o noso alumnado, algo que vimos facendo dende fai moitos anos e neste concretamente iniciamos un proxecto novo que é contar cun composteiro para aprender a reutilizar os restos orgánicos.
Todos o alumnado está moi comprometido e preocúpanse cada día... Isto súmase a que sempre temos moi presente o respecto polo medio natural, realizando actividades diversas como plantación de árbores, flores, reciclaxe...

Todo o anterior é importante non como proxecto ou como reto... se non como aprendizaxe rutinario para o día a día e que sexa como algo "innato" para previr dende pequenos o coidado do noso planeta.

Contribuímos deste xeito coa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en setembro de 2015, e  nos sumamos como biblioteca escolar ao lema deste ano "Biblioteca Escolar VIVEIRO DE CIDADANÍA".


Deixamos para o día de hoxe o vídeo que xa seguro visionastes moitos e moitas, pero que consideramos importante retomar para este día, e tamén outro que esperemos vos guste moito!!



OS OBXECTIVOS...







I CAN SAVE THE EARTH
cliclade aquí  para ver e escoitar este fermoso conto


Esperamos que vos guste!!

Lembrade que... coidar da Terra é deber de tod@s!! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.