Ola peques!!
Como cada día deixo para vós uns traballiños, pero os de hoxe son especiais, para facer durante estes días de "descanso".
Son varios vídeos. Non son para ver todos hoxe, pero cada vez que vexas podes facer algunha actividade. Por exemplo:
Nos vídeos saen animais, podedes xogar a clasificalos como facemos en ciencias da natureza.
Hai paisaxes: podedes clasificalas tamén.
Nos de matemáticas escribir nun papel os números, formas... e así repasamos mate.
Podedes inventar un novo título para o capítulo, escribir o que vos pareceu o vídeo...
Deixo un vídeo para debuxar un ornitorrinco (ese sí, gustaríame velo!!).
Tamén no blog os profes estamos a deixar actividades, vídeos, recomendacións de libros...
Facede experimentos...
vídeo para animais invertebrados
vídeo animal curioso: El ornitorrinco
Como dibujar un ornitorrinco
vídeo Jorge el curioso 1
vídeo Jorge el curioso 2
Peg + Gato
Bicos a moreas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.