Bo día ratiños, ratiñas e familias!
Comezamos unha nova semana, un pasiño máis neste terceiro trimestre diferente.
Hoxe quixen traervos unha nova actividade motivadora para comezar a semana con ganas. Que é aquilo polo que debecen a maioría dos nenos e nenas? A auga! Pois neste caso vai ser a nosa aliada para traballar a lóxica-matemática e o inicio á lecto-escritura.
Primeiro, necesitades unha fonte, tupper, recipiente no que podades botar auga e sexa transparente, de tal xeito que se poda ver o que hai debaixo, de tamaño folio (máis ou menos). Necesitaredes auga, tamén pintura, serve pintura de dedos, tempera ou aquilo que teñades á man, e un vaso.
Cando xa teñamos todo preparado botaremos auga no recipiente dous dedos de auga é suficiente e coloreamola coa pintura, ata que non vexamos o fondo.
Feito isto poñeremos debaixo a seguinte folla, da que vos deixo aquí o enlace. No meu caso estou sen tinta, asique, que mellor exemplo para demostrar que non é necesario a impresora para traballar, polo que para o exemplo fíxeno á man.
E a continuación meteremos o vaso dentro da auga, coa parte inferior cara abaixo, igual que cando bebemos. Debe ter o fondo transparente é o máis plano posible, para que permita unha boa visión.
O vaso sirve para ir movéndoo polo fondo e ao ir movendo a auga permítenos ver o que hai debaixo, é algo que normalmente causa sensación e fai moito máis entretido o que sería unha mera ficha, tendo como resultado unha maior atención e motivación do alumnado, algo moi necesario nestes momentos.
Feito isto, deixovos varias tarefas para facer en función do curso, pero isto non é algo pechado, debemos permitir que os nenos e nenas experimenten e busquen máis alá. Non é imprescindible imprimir.
4º BUSCA NA AUGA
5º BUSCA NA AUGA
6º BUSCA NA AUGA
Se cadra nalgunha das tarefas debemos servir de guías, pero este é un apoio que forma parte do proceso de aprendizaxe.
Espero que o disfrutedes.
Unha aperta! (Estounas gardando todas para cando poda vervos pequechiñ@s!)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.