Ola chic@s!!!
Que tal o traballo da semana anterior? espero que moi ben.
Lembrade que debedes enviar os vosoS traballos para que poda correxilos e comprobar que os fixestes. Se algún aínda non entregou, debe facelo canto antes.
Para a semana vindeira, déixovos para todo o colexio un vídeo muy bonito que se titula :
"El país de la música"
Despois de velo, cada curso ten as súa actividades que vos poño a continuación.
PARA INFANTIL: Tedes esta ficha para aprender dous instrumentos. O que non poda imprimir, que faga o debuxo nunha folla o mellor que poida.
FICHA
PARA PRIMARIA: tedes que facer unha actividade que se chama "KAHOOT". Lede con atención as instruccións para facela que é moi doado.
1º Debedes entrar no navegador na páxina kahoot.it
2º Debedes introducir o GAME PIN = 02939818 (para 3º e 4º de primaria)
GAME PIN= 02329978 (para 1º e 2º de primaria)
3º Introducir o voso nome debaixo do game pin .
Unha vez feito isto, só tedes que xogar contestando ás preguntas que se vos fan sobre o vídeo
MIRÁDEO DÚAS VECES POLO MENOS PARA QUE NON SE VOS ESCAPE NINGÚN DETALLE E NON COMETER ERROS NO KAHOOT.
SORTE E A PASALO BEN!!!
Tedes de prazo ata o venres día 24 de abril pola mañá, despois xa non poderedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.