xoves, 16 de abril de 2020

EDUCACIÓN INFANTIL 16 DE ABRIL DE 2020

Bo día pequeniñas, pequeniños e familias!

Hoxe, entre outras cousas, imos traballar a "subitización", un concepto moi estraño pero que simplemente é a capacidade de coñecer o número ordinal que encerra un conxunto sen facer ningunha actividade de conteo, é dicir, por exemplo recoñecer que hai dous puntiños nun dado, sen que teñamos que contalos. Nos primeiros cursos si que terán que facer conteo e irán integrando este concepto, pero seguramente os máis maiores xa non o necesiten facer nalgún caso. 

En primeiro lugar, deíxovos o enlace ao material, por se preferides imprimilo, no caso de que non puiderades é tan sinxelo como escribir os números con rotulador e debuxar uns cadradiños cos puntiños dos dados e outros con dedos de manciñas, como se amosa nas imaxes (están xa sobre cartón e plastificadas porque aproveitei para crear un material que nos servirá para a aula, polo que ten que ser máis resistente, pero se o facedes en folio vai ter exactamente a mesma función).

Click aquí para ver o material (creado por "Los peques del Babi")


O primeiro que debemos facer é colocar arriba a fila cos números e na parte inferior ir colocando as imaxes correspondentes (repito, que podemos fabricalo nós mesmos de xeito sinxelo e rápido, incluso se temos un dado podemos ir buscando os números no mesmo dado e logo sinalándoos tamén coa man). No caso dos máis pequeniños van precisar da nosa axuda, pero isto é parte do proceso.



Logo tamén podemos crear nós as nosas series de números, así prácticamos tamén as súas grafías.


E xa por último, a partir de 5º podemos practicar sumas sinxelas:



Ou, a xeito de reto, máis complicadas para os nenos e nenas de 6º, sendo nós a guía no referente á colocación dos díxitos:


Espero que o disfrutedes e que teñades un moi bo día.

Un Beso GIFs | Tenor

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.