Bo día ratiñas, ratiños e familias!
Hoxe é 22 de abril, o día da Terra, por iso en primeiro lugar favorecendo a reutilización e o seu coidado vouvos propoñer facer unha actividade reciclada, con tapóns, anaquiños de cartón ou o que vós teñades pola casa que poda servir. Debemos escribir neles as letriñas e axudaránnos a formar diferentes palabras, que logo podemos escribir con lápis e papel. Os máis pequeniños, primeiro darémoslles a referencia e logo irán buscando as letriñas.
Deíxovos un exemplo:
Ocurriuseme, que tamén podíamos crear unha pequeniña pizarra. Cun cartón reutilizado, un anaquiño de bolsa xa usada e as roscas dos tapóns.
Douvos outra opción para formar letriñas, que son as letras móbiles. Recortándoas, a partir delas podemos crear palabras. Non é imprescindible a impresora, porque poderíamos facelas nós mesmas ou mesmos en papel.
Máis opcións para traballar lectoescritura, neste caso partindo dos vosos propios nomes:
Os nenos de 4º deberán recortar os nomes e pegar cada un onde corresponda, identificando as letriñas e en que se diferencian, partindo sempre do seu propio.
Os nenos e nena de 5º deben recortar e poñer cada nome onde corresponda de todos os nenos e nenas.
As nenas e nenos de 6º deben escribir os nomes de cada un dos que aparecen nas fotos, así como na segunda parte, poñer o nome de cada unha das imaxes (é algo significativo para eles e elas, xa que trátase dun deporte que lles gusta, contén sílabas trabadas, entón despaciño e con paciencia :).
Moito ánimo e apertas mooooi fortes ratiñ@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.