venres, 24 de abril de 2020

CONCURSO CHISTÍN: 3ª ROLDA DE PAREADOS CON HUMOR


Bo día familias:

Chistín, en marzo cancelara o seu concurso en espera de regresar ao centro para retomalo, pero dado que a situación se prolonga, acaba de comunicar a súa intención de continuar co seu concurso on line.

Así que nenos, nenas, pais, nais, avós, avóas, veciño, veciñas,........ Chistín está aquí de novo.

A 3ª e derradeira rolda de pareados con humor é coa temática de ROBÓTICA.

Lembrades o que é un pareado?

Exemplo:      Na escola                   

                      Xogamos á mariola                     



(Fixádevos donde rima, podedes pedir axuda ás vosas familias, o importante é que sexan pareados o máis divertidos e que o pasedes ben ideándoos).


ANIMÁDEVOS, QUE NON QUEDE NINGUÉN SEN PARTICIPAR. 


Cando teñados os pareados, debedes envialos aos vosos titor@s ao CORREO GMAIL.

                       
    


DEBE
SER EN
GALEGO









 






  

13 comentarios:

  1. Teño un robot cociñeiro
    que cociña con dedicación.
    Quería ir á froitería,
    pero entrou na ferretería.

    Noa Martínez, 2º primaria

    ResponderEliminar
  2. Teño a cabeza media caótica
    isto é porque non paro coa robótica.

    Carlos Bouza

    ResponderEliminar
  3. Cando fun a clase de robótica
    sentinme moi eufórica!
    Itziar, 2º primaria


    Se vas a robótica
    farás un robot con práctica!
    María, 2º primaria

    Quixen mercar un robot
    e déronme un entrecot!
    Oihane, 1º primaria


    Con este robot molón
    aprendo un montón!!
    Alex, 2º primaria

    O robot é un artista
    porque pinta!
    Noa Caneiro, 2º primaria


    Este robot xoga ao parchís,
    bebe auga e fai pis.
    André, 2º primaria

    A miña nai ten un robot
    que me prepara un sabroso entrecot!
    Carolina, 2º primaria

    O robot, un ser tan especial,
    nin o "Bicho" lle pode entrar.
    Como eu son unha nena
    na casa me teño que quedar.
    Lola, 2º primaria


    O robot antigo do meu avó
    e moito máis intelixente que o novo.
    Miña avoa dixo que a tecnoloxía non cambia a vida
    pero arregla cousas e nos coida.
    Óscar, 2º primaria


    ResponderEliminar
  4. Durante o confinamento,
    robots en movemento
    Adrián, 6º Educación Infantil

    Cun robot intelixente,
    podes asustar á xente.
    Sergio, 6º Educación Infantil

    ResponderEliminar
  5. Neste improvisado confinamento
    cos meus pais estou a pasar máis tempo,
    polo que estamos a facer mención
    á robótica e ás súas funcións.

    Estes aparellos avanzan cada día
    debido a unha valiosa tecnoloxía.

    Os robots múltiples funcións poden realizar,
    gracias a uns circuítos que os fan funcionar.

    Ander, 4ºEducación Infantil

    ResponderEliminar
  6. Os robots da miña casa,
    uns limpan para que mamá se alegre
    e outros cortan a herba para que non medre.
    Éric, 4º Educación Infantil.

    ResponderEliminar
  7. AROA

    Eu pensando que miña irmá xogaba ao LEGO,
    pero é que estaba botando un peido.

    CARLOS BECEIRO

    Estaba o robot cantando
    e polo ruído parecía unha vaca cagando

    LUCA

    Se un foi que fai deberes queres crear,
    dámo primeiro a min para probar

    ÁLEX

    Este é Roberto, é un robot
    ao que lle encanta tocar rock

    BEA

    Se robótica queres facer
    cos profesores terás que aprender

    TOMÁS

    Un robot hei de inventar,
    para non ter que traballar

    NURIA

    Os robots son bos
    case coma nós

    Este robot é unha beleza,
    pero fáltalle unha peza

    Os robots son bos
    para entreternos entre nós

    AINOA

    Vou facer un robot
    que me cociñe un entrecot

    Robot, robotón
    non me toques o botón


    Robot robotiño,
    dame un pouco de cariño

    Moi bonita a robótica
    pero a min non me quites a música.

    ResponderEliminar
  8. GABRIEL

    Cando me dedique á robótica,
    farei unha fantástica pelota.

    E tamén un robot,
    para xogarmos en complot.

    ResponderEliminar
  9. ALBERTO

    Cunha placa de Arduino,
    fixen un robot mariño.

    ResponderEliminar
  10. LAURA RODRÍGUEZ

    Cando monto dúas pezas,
    dame voltas a cabeza.

    ResponderEliminar
  11. BRUNO

    Pola noite non podes estar,
    pois os creepers non che deixarán pensar.

    ResponderEliminar
  12. LARA

    Se na casa debo estar,
    os meus legos vou montar.

    ResponderEliminar
  13. Construín un robot molón,
    que me papou o biberón.

    Alexis 4ºEducación Infantil

    ResponderEliminar

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.