venres, 3 de abril de 2020

Inglés. Venres, 3 de abril do 2020. 3º, 4º e 5º.

Feliz venres!!!

Espero que teñades un día fabuloso, pero antes toca traballar un pouco!


3rd grade:
Agora que sabemos expresar a existencia de algo, é dicir, xa sabemos dicir: "hai dous coches" en inglés, non si? E tamén sabemos responder  a "how many", é dicir: "cantos hai?" ...non si? Imos traballar de forma moi sinxela a pregunta!

Para a próxima semana traballaremos en outro tipo de preguntas!
How many, there is and there are
Nesta páxina deberedes completar a pregunta con "How many" e responder usando "there ir" ou "there are" segundo a imaxe da ficha.


4th grade:
Quizais precisedes o texto de Anna outra vez, aquí volo deixo: Anna's routine
Ides facer un test de verdadeiro/falso, con algunha que outra preguntiña polo medio!
Coidado! Algunhas das oracións inclúen dúas palabriñas que quizais sexan novas para vós: before/antes; after/despois.


I brush my teeth after every meal.
Eu lavo os dentes despois de cada comida.
I read before sleep.
Eu leo antes de durmir.

Tamén ó revés:
After every meal, I bruch my teeth.
Despois de cada comida, eu lavo os dentes.
Before I sleep, I read.
Antes de durmir, eu leo.


Aquí o está, un test sobre a rutina de Anna: Anna's routine test



5th grade:
Como vai? Por favor, abride o voso EVA, sección 3, unidade 3: "at school canteen", na páxina: "What food do you like?". Unha vez nela, por favor, lede o punto da gramática chamado: "quantifying food/contabilizando comida". Imos a traballar en nomes countable/contables e uncountable/incontables.

Countable nouns/nomes contables: poden ser contados, por exemplo: one apple, two apples, three apples... coma outros: bananas, cars, houses, trees, pens...

Uncountable nouns/nomes incontables: aqueles que non poden ser contados: water, milk, chocolate... Para contalos, usamos:
- a carton of milk/un cartón de leite (contamos cartóns, non o leite), two cartons of milk...
- a bar of chocolate/unha tableta de chocolate (contamos tabletas, non o chocolate en sí), two bars of chocolate...
- a bottle of water/unha botella de auga (contamos botellas, non auga), two bottles of water...

Deixo aquí unha imaxe para que vos axude a diferenciar contables e incontables.

Despois de ler todo o anterior, faremos o exercicio 11, para clasificar en contables e incontables; así como o  12, e 13, para determinar que obxectos usamos para medir algún dos nomes incontables. 





Esto foi todo por esta semana!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.