Bo día cativada e familias!
Hoxe deixovos un conto, a historia da bruxa Pampurrias. Vaia nome que ten! Cos nenos e nenas maiores podemos facer quendas, para que lean eles e elas un anaquiño e vós outro anaquiño. Cos de quinto debédesvos fixar en como se escriben certas palabras clave, que intenten seguir a lectura no conto con vós. E os máis pequenos debemos motivalos cara o hábito lector, se nós lemos, eles tamén len (ao seu xeito).
Agora imos facer unha pequenas tarefas:
Xa, para rematar, vouvos deixar dous documentos con diferentes propostas manipulativas, para que podades facer en familia se vos apetece. Recordade, que antes de traballar con lapis, ceras, rotuladores, etc. é necesario que os nenos e nenas teñan unha boa motricidade fina e iso só se consegue a través da práctica e non hai mellor xeito ca o xogo para isto, asique a mover eses dediños: amasar, coller beliscos en diferentes materiais, encaixar pezas pequeniñas, xogar con pinzas, enroscar, apretar, estirar,...
E, non esquezades, tedes propostas moi interesantes dende o Departamento de Orientación (Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapeútica), Educación Física, Inglés, Música e dende a Biblioteca con Modestina! Cada un ao seu ritmo e dentro das súas posibilidades. Non esquezades que estamos aquí para axudarvos, a relación familia-escola, aínda que na distancia, debe poñerse en marcha con máis forza ca nunca!
Disfrutade destes días e da vosa compañía!
#moitaforza
#xaquedamenos
#estamosconvós
#destasaimosxuntos
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Lembramos aos usuarios do blogue que para publicar un comentario hai que ter en conta que debemos utilizar un vocabulario e ortografía axeitados e sempre co debido respecto. Non se aceptarán comentarios que sexan faltas de respecto ou conteñan vocabulario indebido.